Concerto
21/07/2015
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ten unha nova cita co seu público este sábado, día 25 de xullo: ás 20:30 horas o Parque de San Francisco acollerá o Concerto do Día da Patria Galega, un evento organizado pola Asociación Amadores da Música e do que dá que hoxe detalles David Ballester, director da agrupación. “Interpretaremos diferentes temas e, como non podía ser doutro xeito, no concerto haberá tamén obras galegas, xa que é o Día de Galiza. Esperamos que os que estean por Ribadeo esta fin de semana se acheguen ao Parque San Francisco”, animou o director.
Por se o tempo non acompaña, hai alternativa: “en caso de choiva ou mal tempo iremos ao Cine Teatro, pero esperamos que faga unha tarde boa e podamos gozar todos da música no Parque San Francisco”, comentou David...
leer más 03/07/2015
Mañá sábado, 4 de xullo, pola mañá ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, terá lugar o concerto “Estamos no verán”, a cargo de Xoan Curiel.
O concerto vai dirixido a tódolos nenos/as, en especial aos que teñan entre 7 e 12 anos, os cales poden vir acompañados polos seus pais e familiares. Esta actuación, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES.
Por último, dende o Concello invitan a tódolos nenos/as de Xove ou da comarca a acudir a este magnífico concerto, e si poden, que veñan acompañados dos seus pais e familiares.
02/07/2015
A décima edición do ciclo musical ao aire libre Sons na Rúa, organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, comeza mañá venres, día 3. Será cun concerto da Coral Polifónica de Burela na praza Martínez Otero ás 21 horas.
O día 10 deste mes será a segunda actuación do ciclo, que terá como escenario a praza Pardo de Cela e correrá a cargo de Sara Bahía e Felipe Sánchez. O día 17 actuará a Rondalla Latexos no parque Rosalía de Castro, o 24 o grupo Mar Aberto ofrecerá un concerto na praza Pardo de Cela e o 31 na Praza do Concello a actuación será por parte da Coral Polifónica de Foz. Todos estes actos será tamén ás 21 horas.
24/06/2015
O tradicional festival de bandas de música que se celebra en Ribadeo, organizado pola asociación Amadores da Música, chega á XXI edición este domingo, día 28, e celebrarase ás 19:30 horas no parque de San Francisco. Actuarán as formacións Sementeira, de Cambre; Vila de Cedeira e a ribadense.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester Martínez, explicou que o festival “será ás 7 e media da tarde no parque de San Francisco; antes diso as bandas percorrerán dende o Cine Teatro ata o parque facendo un pasarrúas e en caso de mal tempo trasladaremos o festival ao auditorio Hernán Naval. Este ano temos como invitadas ás bandas de música Sementeira, de Cambre; Vila de Cedeira, e estaremos tamén nós: a Banda Municipal de Música de Ribadeo. O repertorio será...
leer más 19/06/2015
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2014/15. Farao de xeito oficial este sábado, 20 de xuño, a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso que nesta ocasión está dedicado ás bandas de rock que, a bo seguro, non pasarán desapercibidas para o público asistente.
“As diferentes agrupacións que pasarán polo escenario do Auditorio Municipal Hernán Naval interpretarán música de grupos como Europe, Deep Purple, ACDC, Queen, etc. Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concebido para que o gocen non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén...
leer más 26/05/2015
Este sábado, día 30, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo terá lugar o Concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal de Ribadeo.
O director da Banda, David Ballester, explicou que “vai ser todo o repertorio baseado en música tradicional galega e en obras compostas por galegos. Tocaremos obras que están creadas expresamente para banda así como outras que están compostas para orquestra e arranxadas para banda”.
David Ballester destacou que “neste concerto volvemos ter a sorte de poder incorporar 3 novos músicos, dúas rapazas coa frauta, Paula e Eva, e un compoñente máis de clarinete, Alberto, que tamén se nos uniu estas semanas. Entón pouquiño a pouco a banda vai medrando e vamos formando un grupo máis amplo. Invito a...
leer más 06/05/2015
O vindeiro domingo, 10 de maio, o grupo Nova Poesía ofrecerá un concerto de música tradicional e clásica de autores galegos para piano, canto e rapsodia. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 19 horas.
O acto, denominado A música e a poesía galegas nas nosas letras, está organizado pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil de Barreiros.
Nova Poesía está composto por músicos de profesión e vocación que viven mergullados na música. Piano: Julia Dopico; Rapsoda: José Luis Mera; e Mezosoprano: Mª José Ladra.
01/05/2015
El sábado, 2 de mayo, tendrá lugar en Barreiros el III Festival de Habaneras, que organiza la Coral Polifónica barreirense. Dará comienzo a las 20 horas en el centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme.
Acompañan a la Coral anfitriona: la Coral Polifónica de San Félix de Lugones y el Coro Astur de Oviedo. Además de habaneras los asistentes escucharán otros géneros “que harán las delicias del público”. Al final del concierto se sorteará un fin de semana en un balneario.
23/04/2015
O vindeiro venres, 24 de abril, ás 20:30 horas., con motivo da celebración do día internacional do libro ( 23 de Abril), a Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza un concerto co grupo de corda do Conservatorio de Música de Viveiro no salón de actos da Casa da Cultura. "A entrada é totalmente gratis e están convidados todos os veciños e visitantes do Concello de O Valadouro a un acto no que o grupo de corda nos vai a deleitar con numerosos temas musicais actuais e de antano. Agardámosovos", sinalan desde a organización.
16/04/2015
Sés ofrecerá un concerto este sábado, 18 de abril, no Auditorio Municipal Hernán Naval a partir das 20:30 horas.
Sés presentará o seu terceiro disco “Tronzar os valos”, no que a cantora suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina.
As entradas levan uns días á venda no Recuncho e no Amodiño e tamén en info@dezetapro.com ao prezo de 12 euros. Na billeteira o seu prezo será de 15 euros.
As porta do Auditorio abriranse ás oito da tarde.
O concerto enmárcase dentro da programación cultural do Concello de Ribadeo para o segundo trimestre deste 2015.