Banda de Música
A Banda de Música de Foz celebrará a patroa dos músicos, Santa Icía, con un concerto que será este sábado, día 30, de novembro, na Sala Bahía, ás 20:00 horas.
Para esta actuación a Banda de Foz contará con José García é Álvaro Fernández como artistas invitados.
A Concellería da Cultura do Valadouro informa da estrea da Banda de Música Mestre López do Valadouro. Será na mañá do día grande das Festas do Oito, o luns día 9 de setembro.
Esta nova formación musical acompañará a solemne procesión do Día da Patroa e interpretará varias pezas a continuación na Praza de Santa María, de Ferreira.
A Foz continua coa súa programación de outono este fin de semana e presenta dous novos actos. O primeiro terá lugar mañá, venres, na Casa da Cultura da vila Ás 20:00 horas. Trátase do concerto da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo). Este acto, con entrada gratuíta, forma parte do I Festival de Bandas de Música A Capela, organizado polo Concello focense coa colaboración coa Deputación de Lugo.
A segunda actividade levarase a...
leer másCinco novos músicos debutarán coa banda municipal de Ribadeo no concerto de Santa Cilla, que se celebrará este sábado, día 22, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester Martínez, anunciou que “este sábado, día 22 de novembro, que é xusto o día da patroa dos músicos, Santa Cilla, vai ter lugar o concerto na súa honra por parte da Banda Municipal de Música de Ribadeo no Cine Teatro ás oito e media da tarde. Este ano, como novidade, a xente pode ver polas rúas que os carteis que anuncian o concerto inclúen un dos debuxos feitos por rapaces dos colexios de Ribadeo”. Nesta ocasión o debuxo elixido é o realizado por Estela Bravo Montero, alumna de sexto de Primaria do colexio Gregorio Sanz.
...
leer más