A cantante portuguesa Maria do Ceo actuará o próximo 14 de febreiro no Auditorio Municipal de Burela, ás 20 horas. A venta de entradas anticipadas está dispoñible na web www.ataquilla.es, na Biblioteca Municipal e na Casa da Cultura, desde 10 euros. Na billeteira venderanse no Auditorio o mesmo día do concerto.
De Portugal a Galicia Fado é o novo disco de Maria do Ceo, co que pretende plasmar a fusión luso galega nun formato de dobre CD. No primeiro encontraremos cancións tradicionais do fado máis popular como Uma Casas Portuguesa ou Fado Minhoto, mentres que no segundo atopamos clásicos da música galega, entre eles Lela, Quen puidera namorala o una excepcional versión de Negra Sombra, ademais de tres temas inéditos compostos por Armando González e a propia Maria do Ceo.
O disco volve amosar as excelentes dotes de interpretación da artista portuguesa, considerada polos medios como a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo, como na interpretación.