Concerto

Etiquetas:
17/11/2015
A Banda Municipal de Música de Viveiro celebra este sábado, 21 de novembro, o seu concerto de Santa Icía no Teatro Pastor Díaz, na cidade do Landro.
 
A Banda Municipal de Música de Viveiro celebra este sábado, 21 de novembro, o seu tradicional concerto de Santa Icía no Teatro Pastor Díaz da cidade de Landro. 
A cita comeza ás 21 horas e consta de dúas partes. Na primeira executaranse as obras  Alpine Fanfare, de Franco Cesarini,  The Witch and the Saint, de Steven Reineke e Buffalo Dances, de Robert W. Smith. A segunda parte consistirá nun concerto de Xóvenes Solistas, no que interveñen Nerea Fernández, Raúl Vidal, Adan Gómez, Bruno Ramil, José Maseda, José Carlos Díaz e Gabriel Fernández. Interpretarán obras de André Waigneim, Rob Ares, Harm Evers ou Richard Comello, entre outros. 
 
16/11/2015
Este mércores, 18 de novembro, terá lugar o concerto da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo na honra de Santa Cecilia.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 18 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.
Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde S. Joplin ou E. Garner  ata Bach ou Purcell. Agrupacións de vento, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o 19 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán 300 alumnas e alumnos aproximadamente.
 
27/10/2015
A Asociación de Amigos da Gaita, de Ribadeo, organiza un concerto de Paco Nogueiras este sábado, 31 de outubro. A actividade está destinada aos máis pequenos da casa.
 
Os temas musicais do libro-cd Brinca Vai!, de Paco Nogueiras, amenizarán o Samaín dos máis pequenos o vindeiro sábado, 31 de outubro, a partir das seis e media da tarde no Cine Teatro, nunha cita que organiza a asociación Amigos da Gaita coa colaboración da Sociedade Filantrópica e do Concello de Ribadeo. O prezo das entradas é de dous euros. As familias interesadas en participar xa poden reservar as súas entradas no seguinte número de teléfono: 663 86 46 81. 
Brinca Vai! é un libro-cd editado por Kalandraka, con cancións compostas polo propio Nogueiras e ilustracións de David Pintor. Ao longo de 12 cancións, unha para cada mes do ano, Nogueiras toca un amplo abano de estilos musicais, como o techno, o rock, o folk, o reggae ou a música electrónico. O tempo do Samaín e do magosto están moi presentes entre as cancións de Brinca Vai!...
leer más
Etiquetas:
22/10/2015
A pianista arxentina Dora de Marinis ofrecerá un concerto en Ribadeo este sábado, 24 de outubro, no Auditorio Municipal Hernán Naval.
 
O 24 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval e cunha entrada de 3 euros, a prestixiosa pianista arxentina Dora de Marinis ofrecerá un novo concerto no ciclo Músicas posíbeis. A artista, que está de xira por Europa, trae un repertorio con Chopin e Beethoven na primeira parte e cos compositores arxentinos Julián Aguirre e Alberto Ginastera na segunda. 
 
A dilatada carreira artística de Dora de Marinis inclúe tanto os seus concertos como solista e música de cámara como un amplo traballo pedagóxico e de recuperación do legado de compositores arxentinos esquecidos. Dun xeito autodidacta, as súas investigacións convértena nunha das maiores expertas en música latinoamericana do continente. 
 
... leer más
Etiquetas:
15/10/2015
Caxade ofrece un concerto gratuíto en Ribadeo o 18 de outubro ás oito e media da tarde. Está enmarcado no ciclo Músicas Posíbeis.
 
Caxade, o proxecto persoal do músico Alonso Caxade, ten unha cita co público de Ribadeo este domingo, 18 de outubro, no Teatro. A entrada é libre. O recital enmárcase no ciclo Músicas Posíbeis.
Caxade é un proxecto de indie-folk cun arrecendo a música minimalista e sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, aderezada con surrealismo post-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.  O seu primeiro disco, “A Dança das Moscas”, vendeu 1500 copias. Unha xira de presentación de mais de 90 concertos e o bo acollemento do público e da crítica fan que Caxade sexa xa un referente da nova música galega. A súa música mereceu o Premio Opinión Ao Mellor Artista e foi gañadora do Certame Música Xove. Ademais, foi nominado aos Premios...
leer más
19/09/2015
O grupo de pop rock Los Secretos actuará en Mondoñedo o 18 de outubro, dentro do programa de As San Lucas.
 
O presidente da Asociación As San Lucas de Mondoñedo, Miguel Souto, avanzou hoxe que o grupo de Pop Rock Los Secretos actuará na localidade no marco do programa das festas das San Lucas.
Souto explica que a banda musical ofrecerá este concerto en formato acústico no Auditorio Pascual Veiga da localidade, o día grande das Feiras, o 18 de outubro. A actuación do grupo comezará ás 19:00 horas.
Os interesados poden adquirir as entradas anticipadas a través do enlace entradas.abanca.com.  O custo de cada un dos pases que se adquiran con anterioridade é de 15 euros. A maiores, ofrécese a opción de mercar as entradas o mesmo día do concerto en taquilla por un importe de 20 euros.
Miguel Souto quixo...
leer más
Etiquetas:
10/09/2015
Guadi Galego e Carmen Rodríguez ofrecerán un concerto este venres, 11 de setembro, no Cine Teatro en Ribadeo.
 
O Cine Teatro acollerá mañá, venres, a actuación que ofrecerán a ribadense Carmen Rodríguez e Guadi Galego. Trátase do V Concerto Músicas e Letras en Feminino, que terá lugar a partir das 21 horas. 
A cita está organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo. 
O prezo da entrada (bono/axuda) é de 5 euros. 
 
Etiquetas:
26/08/2015
Este venres, 28 de agosto, remata o ciclo "Agosto Musical 2015" cun concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo dedicado ás bandas sonoras de películas.
 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo pon fin este venres, 28 de agosto, ás 22:30 horas no parque de San Francisco ao ciclo Agosto Musical 2015 organizado pola asociación ribadense Amadores da Música. A despedida do programa será a través de música cinematográfica, pois a Banda interpretará diversas bandas sonoras de películas, tanto clásicas como recentes, que ao mesmo tempo serán proxectadas nunha pantalla. O anterior concerto do ciclo tivo lugar na noite de onte, martes, na rúa San Francisco e correu a cargo da sección de vento metal da Banda, o quinteto Ribadeo Brass, a Cebolas Verdes Big Band e amigos, actuación que contou coa presenza de numeroso público. 
En canto ao acto programado para este venres “a Banda interpretará diferentes pezas de bandas sonoras de...
leer más
Etiquetas:
24/08/2015
A sección de vento metal da Banda Municipal de Música de Ribadeo actuará este martes, 25 de agosto, xunto a Ribadeo Brass e Cebolas Verdes Big Band.
 
A sección de vento metal da Banda Municipal de Música de Ribadeo xunto co quinteto Ribadeo Brass e a recentemente creada formación musical ribadense Cebolas Verdes Big Band ofrecerán un concerto mañá, martes, ás 22:30 horas nas inmediacións do parque de San Francisco, aínda que en caso de mal tempo trasladarase ao Cine Teatro. Esta actuación, incluída no ciclo Agosto Musical 2015 que organiza a asociación Amadores da Música, chega despois da participación da Banda de Ribadeo no concerto celebrado onte, domingo, no auditorio municipal Hernán Naval dentro do X Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo.
O concerto de vento metal programado para mañá, martes, día 25, estará dirixido por Rubén Solloso Irimia, quen hoxe explicou que este tipo de actuacións “comezamos a...
leer más
Etiquetas:
19/08/2015
Do 20 ao 24 de agosto celébrase no auditorio municipal de Ribadeo o X Festival Internacional de Música Clásica.
 
A décima edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo, que organiza a asociación EoClásica, ofrece cinco concertos dende mañá, xoves, ata o vindeiro luns. Foi presentado hoxe no salón de plenos municipal, acto no que participaron a alcaldesa en funcións, Ana Martínez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, xunto co director do festival, Leopoldo Erice.
Ana Martínez explicou que este festival “xa hai dez anos arrancaba como un fermoso soño da man dun grupo de persoas vinculadas á tradición musical ribadense pero, polo que levo escoitado e visto e polo que sei, cun alma fundamental, que é Leopoldo Erice, que é un madrileño de nacemento pero desde logo un ribadense de corazón. Este grande concertista de piano fai que durante estes días Ribadeo soe de...
leer más