Concerto
22/11/2016
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será escenario este domingo, 27 de novembro, a partir das 18:00 horas da actuación de Lyricas, unha formación musical que compoñen Julia María Dopico (pianista) e Diana Somkhieva (soprano). A primeira é profesora superior de piano e linguaxe musical e a segunda profesora superior de canto.
O título do concerto é Lyricas en Galicia. Os que asistan poderán gozar dunha selección de composicións interpretadas por estas dúas mulleres, entre as que destacan Negra Sombra, Lela, Lonxe da terriña, Os teus ollos…
Desde a Concellería de Cultura e desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil invitan a acudir a este concerto “especial e...
leer más 18/11/2016
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o vindeiro martes, 22 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.
Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Händel ata Gershwin. Agrupacións de vento, tecla, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o 17 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán máis de 300 alumnas e alumnos aproximadamente.
10/11/2016
A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 14, 15 e 16 de novembro unha nova edición da Festa da Palabra, consistente nun concerto e en dous recitais poéticos que se celebrarán no salón de exposicións do CENIMA de Foz a partir das 20:30.
O programa de actos é o que segue:
O luns, 14 de novembro, ás 20:30 horas no salón de exposicións do CENIMA de Foz concerto de rock a cargo do grupo “Fran Amil e a tribo incomprensíbel” que presentaran o seu disco “ A voz do vento”, sobre poemas do poeta chairego Manuel María.
O martes, día 15, ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz recitará os seus versos a poeta Marica Campo, persoa moi vinculada á Mariña de Lugo, onde residiu varios anos...
leer más 03/11/2016
A Concellería de Cultura focense ven de presentar a programación para este mes de novembro, que inclúe varias representacións de teatro nas parroquias, concertos e charlas médicas, entre outras actividades.
A concelleira Silvia Blach detallou que “o venres 4 no Cenima ás 21:00 horas imos ter un concerto de metais a cargo do Conservatorio de As Pontes, polo grupo que ven de intercambio coa Escola de Música de Foz para que ese día teñamos un concerto marabilloso ao que invitamos a todo o mundo a que asista dentro dese ciclo do mes da música que temos todos os meses de novembro no concello de Foz”.
Silvia Blach continúa sinalando que “o sábado, día 5, no centro social A Saira, de Nois, teremos a partir das 20:00 horas teatro nas parroquias...
leer más 13/10/2016
O cantautor galego Manolo Couto ofrecerá un concerto o sábado, 15 de outubro, na Casa da Cultura do Concello de Alfoz.
Será a presentación do seu cuarto disco cun repertorio que inclúe pasodobles, rumbas e boleros.
Baixo o título de Tu música de siempre Manolo Couto tamén interpretará temas propios.
O concerto dará comezo ás 19:00 horas e a entrada é de balde.
08/09/2016
Mañá, venres, póñense á venda anticipada as entradas para o concerto que Cómplices ofrecerá o 23 de setembro en Burela, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil explicou que “desde la Delegación de Cultura del Concello de Burela anunciamos que las entradas para el concierto de Cómplices en el auditorio saldrán a la venta mañana, viernes, 9 de septiembre en la Casa da Xuventude y en la Biblioteca Municipal, como siempre, y añadimos en esta ocasión también el bar O Traste para abrir un poco el horario posible para comprar las entradas, para tener opción de hacerlo también en horas en las que no están abiertas ni la biblioteca ni la Casa da Xuventude”.
19/08/2016
Os Concertos ao Solpor no Eido Dourado en Barreiros, rematarán este domingo, 21 de agosto, coa actuación da última gañadora dos Premios Martín Códax de Música nas categorías de blues, funky e soul, Nastasia Zürcher.
Celso Dourado contou que “nos Concertos ao Solpor do Eido Dourado sempre o broche final o poñemos cunha personalidade dentro do campo da música que eu considero importante, e este ano imos pechalos con Nastasia Zürcher”.
O artista barreirense subliñou que “é unha xove cantante e compositora suizo-galega, nada en Xenebra, e forma parte dunha familia de grandes músicos. Múdase a Galicia onde forma parte de multitude de proxectos ata o inicio...
leer más 16/08/2016
O auditorio ao aire libre de Cabanela, no paseo marítimo de Ribadeo, acollerá este sábado, día 20, a partir das oito da tarde o xa tradicional concerto churrascada da Banda de Música Municipal de Ribadeo organizado pola asociación Amadores da Música.
O presidente do colectivo, Chema Suárez, anunciou que “será un día especial, como xa se leva facendo desde hai anos, que está dedicado aos músicos e aos socios, para participar todos. Vamos dar un concerto no auditorio natural de Cabanela, que ten unha acústica moi boa e está nunha paraxe incomparable, como é fronte á ría. Daremos un concerto e despois vai haber unha churrascada, na que pode participar a xente en xeral a un prezo asequible, pero os músicos da Banda están invitados”....
leer más 05/08/2016
O vindeiro mércores, 10 de agosto, actuará no Casino de Mondoñedo o grupo de música folk celta Sons do Ermo.
A entrada será gratis para os socios e socias e custará 5 euros para o resto do público.
O concerto dará comezo ás 22 horas.
05/08/2016
O grupo Arifi ofrecerá un concerto este domingo, día 6, nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, a carón da praia da Pasada, dentro do ciclo Concertos ao Solpor.
Celso Dourado comentou que “Arifi está composto por xente como a súa voz Iria Estévez, que provén de En clave de Fado, ou Vadim Yukhnévich, que provén de distintos grupos entre eles a Banda Crebinsky. Uníronse para crear unha formación, para crear un proxecto e beben un pouco da música étnica sobre todo de raíz árabe.
O artista barreirense dixo que “é un proxecto cunha posta en escena moi bonita e moi agradable, non vai defraudar porque os músicos son tremendamente representativos do...
leer más