Concerto
11/01/2017
O auditorio municipal acollerá o 18 de febreiro o concerto que ofrecerá Sés e no que presentará o seu novo disco Opoñerse á extinción. As entradas xa están á venta na biblioteca municipal, no bar O Traste e a través do facebook da Delegación de Cultura.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “queremos adelantar en cuanto a eventos culturales que tendrán lugar próximamente, uno que es totalmente reciente porque acabamos de cerrarlo hace un par de días, y que creo que va a ser del gusto de muchísima gente y de muchos vecinos de toda A Mariña, que es la actuación de Sés”.
O edil socialista dixo que “la cantautora gallega presenta su cuarto disco, que es el motivo de su presencia aquí. Se llama Opoñerse á extinción. Tendrá lugar...
leer más 04/01/2017
O Coro da Mariña ofrecerá o seu primeiro concerto do ano o sábado, 7 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Igrexa de Rinlo. O prezo da entrada será a vontade dos espectadores-as.
O Coro da Mariña está composto por xentes oriúndas de gran parte da costa mariñá como Ribadeo, Rinlo, Barreiros, San Miguel, Vilaronte e Cervo, e do occidente de Asturias como Tapia e Vegadeo.
Neste concerto o Coro contará cunha convidada de excepción: Lidia Luna, contadora de contos e psicóloga que xa participou noutro concerto do coro este verán en Espasande. Lidia Luna é unha madrileña cun pé na Illa de Arousa, é unha namorada da Mariña e Ortegal e boa coñecedora do traballo social que están a facer os directores Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, a través da música...
leer más 30/12/2016
A Foz Big Band ofrecerá un concerto o vindeiro martes, día 3 de xaneiro de 2017, ás 20:30 horas na Sala Bahía. Está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz.
27/12/2016
A Concellería de Cultura programa o Gran Concerto de Nadal que ofrecerán a Orquestra Infantil e a Orquestra Clásica de Xove o 28 de decembro.
O concerto está organizado como todos os anos pola Escola Municipal de Música coa colaboración da Asociación PrestoXove. Dará comezo ás 20:00 horas no salón de actos do centro cívico con entrada gratuíta.
O programa recolle obras de Bellwood, concretamente o Vals Brudenell e o Vals do medio minuto, que interpretará a Orquestra Infantil dirixida por Manuel Gayol. Pola súa banda a Orquestra Clásica de Xove dirixida por Xan Carballal, ofrecerá a Fantasía sobre Greensleeves de Williams, o Vals nº2 de Sostakovich, a Marcha guerrera de Mendelssonh e a Serenata para Sabela de Binge.
27/12/2016
A Casa da Cultura de O Vicedo acolle o 28 de decembro un concerto de Senén Vaamonde, que estará acompado por dous integrantes do grupo A Roda.
Neste concerto titulado "Cantarolas pra xente miúda", Senén Vaamonde estará acompañado por dous integrantes do grupo A Roda, Alfredo e Manuel. Está destinado aos máis pequenos da casa, principalmente de Educación Infantil e Primaria, e dará comezo ás 19:30 horas.
A actividade que inicialmente non figuraba na programación para este Nadal, está subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística.
22/12/2016
A Delegación de Cultura mantén ata este venres, a venta anticipada de entradas para o Concerto de Nadal que ofrecerá a State Philarmonic Orchestra da Ópera de Chisináu (Moldavia) o 25 de decembro ás 19:00 horas no auditorio municipal.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembrou que “el día 25 tenemos programado como novedad importante estas fiestas el concierto de Navidad, a las siete de la tarde, en el que va a estar la State Philarmonic Orchestra de la Ópera de Chisináu de Moldavia. Es una orquesta totalmente contrastada y de calidad para ese día y para un concierto muy especial”.
O edil socialista explicou que “nos llegaba estos días el programa que van a interpretar estos músicos, que son 40 en total, un programa muy parecido al...
leer más 21/12/2016
O tradicional concerto Aquí como en Viena, que cada ano ofrece a Banda Municipal de Música de Ribadeo, terá lugar o venres 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo. A actuación incluirá interpretacións peculiares e sorpresas.
O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “o venres 30 de decembro terá lugar o xa tradicional concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Será no Cine Teatro ás nove da noite. Sempre facemos algo especial neste concerto e este ano a primeira parte vai estar composta por cinco pezas, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda. Son pezas peculiares xa que nunha delas vai haber dous solistas, Bruno Maseda e Carmen López, tocando con papel de lixa”.
21/12/2016
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o concerto Nadal Disney que ofrecerá a Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro.
Esta actuación terá lugar o martes, 27 de decembro, ás 21:00 horas e está organizada pola propia Banda Municipal e a Concellería de Educación do Concello de Viveiro.
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro tamén será escenario do espectáculo de maxia Nadal Máxico que terá lugar o mércores, 28 de decembro, ás 20:30 horas.
Nadal Máxico é unha montaxe creada pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia, estruturada en formato gala cun presentador que é o Mago Antón, e catro magos profesionais en escena que son o Mago Benjamín, Román García, Mago Cali e Javier Muro....
leer más 23/11/2016
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este sábado, 26 de novembro, o seu tradicional Concerto de Santa Cilla. Terá lugar no Auditorio Hernán Naval e dará comezo ás 20:30 horas. David Ballester dirixirá unha parte da actuación e Rubén Solloso, a outra
O director titular da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “este sábado, 26 de novembro, ás oito e media da tarde vai ter lugar o tradicional concerto de Santa Cilla da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano ímolo facer no auditorio Hernán Naval por mor de que na rúa onde está o Teatro hai obras e por iso tivemos que cambiar de localización”.
David Ballester explicou que “como todos os anos por este concerto, sempre hai algún músico da Banda que vai interpretar algunha obra en solista e este...
leer más 23/11/2016
Este venres, 25 de novembro, ás 20.30 horas terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela a última representación do Concerto da Fraternidade.
Xan Carballal explica que “froito da colaboración entre o Conservatorio de Viveiro e as Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, estes concertos comezaron a súa andaina na primavera deste ano nas localidades de Mondoñedo e Xove con gran éxito de público. A temática versa sobre todo na resposta do home ante os retos históricos e que seguen estando de actualidade como son: guerra, pobreza, solidarizade, ecoloxía, éxodo, esperanza, fe, diversidade”.
O director deste concerto e da Escola de Música de Burela sinala que...
leer más