Concerto
O grupo Medina Azahara actuará o sábado 21 de outubro na Praza da Catedral de Mondoñedo dentro da programación das Feiras e Festas das San Lucas 2017, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 22 de outubro. A partir das 23:00 horas, o mítico grupo, mundialmente coñecido e que levou o seu rock andaluz a diferentes sitios do mundo; traerá ata a localidade mindoniense o seu último álbum de estudio, Paraíso Prohibido.
Deste xeito, o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, avanza novo contido do programa das Festas e Feiras das San Lucas para esta anualidade. Neste senso, Souto engadiu que ademais da man de Medina Azahara, a música chegará ata a localidade a través das mellores orquestras de Galicia. No Campo da Alameda da cidade; o día 17, actuarán Panorama e Grupo Beatriz; o 18, Palladium e Satélites; o 19, New York e Miramar;...
leer másO Casino de Mondoñedo acolle este sábado, 16 de setembro, un concerto a cargo de Vapor da arte.
Este grupo, creado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro hai pouco máis de catro anos, ofrecerá un repertorio composto de grandes éxitos das décadas dos 70 e os 80 co que percorrerá diversos estilos que van dende o jazz ata o rock pasando pola bossa nova, o funk, o bolero e o pop.
O concerto dará comezo ás 20:00 horas e o prezo da entrada para os non soci@s é 3 de euros.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este venres, 25 de agosto, o seu concerto de música de cine que estará dedicado fundamentalmente a películas infantís. Este concerto será ás 22:00 horas no parque de San Francisco. Ademais na Casa do Mar continúa a exposición do 25 aniversario da Banda que se clausurará o sábado 26 de agosto.
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue cos seus concertos agora na época de verán e este venres, 25 de agosto, ás dez da noite no parque de San Francisco, fará o concerto, que vai xa pola cuarta edición, de música de cine”.
David Ballester explica que “este ano o concerto de música de cine vai estar dedicado á familia. Vai ser unha actuación na que as obras que se interpretarán, coa proxección de imaxes das películas,...
leer másA polifacética artista galega Mónica de Nut actuará o vindeiro domingo, 20 de agosto, nos xardíns do Eido Dourado en Barreiros. Será o broche de ouro aos concertos do ciclo Sons no Solpor que se viñeron celebrando durante este verán. A actuación comezará sobre as dez da noite e a entrada é gratuíta.
O artista barreirense Celso Dourado comentou que “este domingo imos poñer fin ao ciclo musical Sons no Solpor que celebramos os domingos durante os meses de xullo e agosto, e ímolo facer coa que eu considero posiblemente a cantante máis vangardista que temos no panorama do canto en Galicia, con Monica de Nut”.
Celso Dourado subliñou que “Mónica de Nut é unha cantante tremendamente polifacética. Podemos dicir que canta ópera, jazz, músicas de raíz e sobre todo música experimental. Ten unha experiencia grande na...
leer másO tango chega este domingo, día 6, ao Eido Dourado, en Barreiros, dentro do ciclo de concertos Sons no solpor. O grupo Tanto Tango actuará a partires das dez da noite nos xardíns deste espazo dedicado ao arte.
O promotor desta iniciativa, Celso Dourado, sinala que “continuamos co ciclo musical Sons no solpor e este domingo, a partires das dez, toca unha formación podemos dicir que son músicos que se uniron para este tipo de tratamento do tango. Levan como nome Tanto Tango”.
Dourado explicou que “a cabeza visible é Iria Lis que xa estivo en distintas salas sobre todo da Coruña e de Santiago, está composto por músicos cunha ampla traxectoria. Por exemplo no contrabaixo está o mestre Quique Alvarado, que ten tocado con xente como Alberto Cortez, Paquito D´Rivera, o jazzista Jorge Pardo e un longo etc, na guitarra...
leer másO cámping Gaivota, en Barreiros acolle este venres, 4 de agosto, un novo concerto dentro das súas Queimadas Proletarias. O grupo de folk tabernario Tis Che Tein actuará a partires das 23:00 horas.
O promotor destas actividades, Celso Dourado, sinalou que “é unha nova cita, unha máis, e esta vez vainos acompañar Tis Che Tein. É un grupo de Santiago formado nos bares a altas horas da noite, beben do folk, beben do celta, e case todos os seus compoñentes forman parte doutros grupos. Os máis coñecidos posiblemente sexan Os de Abaixo. A maior parte deste grupo forma parte tamén de Os de abaixo”.
Dourado explicou que “é un tipo de música moi coidada, moi elaborada. Estamos falando de xente cunha grande formación que leva moitos anos tocando pese á súa xuventude. É habitual velos nas rúas de Santiago tanto no Gramola,...
leer másO Concello de Mondoñedo colabora con proxecto Sons de Gallaecia, que se presentou nas últimas horas en Lugo. Na cidade episcopal actuará a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia o 4 de agosto.
Durante a súa intervención, Elena Candia subliñou “a importancia de que Sons de Gallaecia teña a súa parada tamén na nosa cidade, sendo a localidade máis humilde das tres nas que se desenvolve este proxecto”. A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia ofrecerá concertos en Mondoñedo, Vilalba e Lugo.
Neste eido, a alcaldesa tivo palabras de orgullo polo leitmotiv desta xira 2017, “co recoñecemento a un dos nosos mindonienses máis ilustres, Pascual Veiga” e agradeceu o acto que se celebrará o venres en honor ao insigne escritor.
A rexedora tamén fixo fincapé en que se trata dun concerto ofrecido por nenos...
leer másO grupo de música folk Xógara inicia este domingo, 30 de xullo, a súa xira por Galicia co concerto que ofrecerá nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros. A actuación enmárcase no ciclo Sons no solpor que ten lugar nas noites dos domingos á caída do sol.
O promotor do Eido, Celso Dourado, anuncia que “este domingo, dentro do que é a programación de Sons no solpor é dicir coa caída do sol, temos unha aposta firme, unha aposta que eu particularmente tiña moitas ganas de vela, e trátase do estreo en Galicia da xira de Xógara”.
O artista barreirense subliña que “Xógara é unha banda, podemos dicir anglo-galega-galesa, e este día 30 de xullo nos xardíns do Eido Dourado vaise estrear aquí na nosa terra. Xógara é un grupo esencialmente instrumental que bebe da música celta. Nace en Oxford da mao de tres músicos...
leer másO cámping Gaivota, propiedade do artista barreirense, Celso Dourado acolle este venres, 28 de xullo, a actuación do grupo de rap galego Som do galpóm. Será a partires das 23:00 horas nas súas terrazas e dentro da programación das Queimadas proletarias, música de raíz, que daban comezo hai uns días e que se prolongarán ata o 25 de agosto.
Celso Dourado anunciou que “este venres estará con nós na queimada que facemos todos os venres a partires das once da noite, nas terrazas do Gaivota, un grupo que eu me atrevo a dicir que é dos iniciadores do rap en galego. É un grupo da comarca de Santiago, é Som do galpóm”.
O artista barreirense convida a “todos aqueles que queiran disfrutar da música de Som do galpóm nun ambiente máxico, a cita é este venres a partires das once da noite no cámping Gaivota”.
... leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, presentaron o II Festival Arcadio Mon, que terá lugar o vindeiro xoves 3 de agosto no Adro de San Pedro, en Alfoz. Na presentación tamén participaron os organizadores do certame, Eduardo Canoura e José Vázquez.
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento cultural, cunha achega de 2.000 euros, facendo posible a organización desta segunda edición do Festival, no que participarán máis de 600 persoas totalmente de balde, e co que tamén colaboran os Concellos de Alfoz e O Valadouro, posto que a súa organización alterna cada ano entre estes dous municipios da Mariña lucense.
Campos Conde subliñou que “con esta achega non só dinamizamos a vida cultural daMariña, senón que tamén damos a coñecer a labor de Arcadio Mon...
leer más