Cantautor
O cantautor Javier Álvarez ofrecerá un concerto este xoves, 6 de maio, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo. A actuación enmárcase no ciclo Outras Músicas, organizado polo Concello ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.
O músico madrileño presentaba en 2018 o seu disco titulado 10, que significaba o seu regreso ao ambiente discográfico, coincidindo co décimo traballo da súa carreira de máis de tres décadas, cando a mediados dos 90 se daba a coñecer cos seus primeiros éxitos con cancións como La edad del porvenir.
Ten intervido en múltiples colaboracións cos artistas máis recoñecidos a nivel nacional e internacional, e numerosas versións de temas clásicos. Ademais segue a ser fiel á súa busca incansable de fórmulas innovadoras alleas ás habituais do mercado musical e tamén escolle os escenarios nos que ofrece...
leer másXoán Curiel actúa este domingo, día 17, en Ribadeo dentro do ciclo Outras voces, no que a pasada fin de semana os asistentes puideron escoitar a Tonina Saputo.
Xoán Curiel chega ao Teatro de Ribadeo este domingo ás 20 horas cun concerto íntimo e acústico para o público adulto ribadense, antes de viaxar na semana seguinte nunha nova xira por Italia que o levará nesta ocasión a Roma, Perugia e Como.
Xoán Curiel dende hai anos desempeña a súa carreira en proxectos de adultos e infantís. Neste último caso con A Banda do Verán, coa que neste 2019 obteveron o Premio Martín Códax da Música Galega na categoría de música infantil polo seu libro disco e espectáculo A Casa do Terror.
En abril deste mesmo ano presentou o seu sexto traballo discográfico, un novo libro-disco, homenaxe á figura de...
leer más