Concerto
O trío de jazz Sumrrá ofrecerá un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 20:00 horas o domingo, 25 de febreiro.
Sumrrá conta con quince anos de traxectoria e leva editados cinco discos. Dende o ano 2000 ten participado en numerosos festivais nacionais e internacionais como o Festival de Jazz de Madrid, o Festival de Jazz de Oviedo, o Festival Internacional Tanjazz de Tánger ou o Festival Internacional de Jazz de Santa Cruz en Bolivia.
En 2016 Sumrrá lanza o seu quinto disco titulado Sumrrá V Journeys, editado pola discográfica neoyorquina Clermont Music, e inspirado nalgunhas das cidades polas que ten pasado nas súas xiras como París, Braga, Johanesburgo, La Paz ou Sofía entre outras.
Ribadeo conmemora o Día de Rosalía coa celebración dun concerto este sábado, 24 de febreiro.
O grupo Áureas presentará En Voga ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
En Voga é o concerto espectáculo de Áureas. Enriba do escenario veremos unha charanga dos anos 20 formada por cinco mulleres, de catro nacionalidades diferentes, que interpretan unha coidada selección de pezas de autor e composicións desa década incluíndo ritmos brasileiros, polacos, arxentinos e galegos.
O Cine Teatro de Ribadeo acollerá mañá, 1 de febreiro, un concerto solidario a partires das 20:00 horas. Sons, voces e danzas de Uganda, que interpretará o coro Uganda Natumayini nesta cita solidaria organizada pola ONG Música para Salvar Vidas.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, dixo que “a organización Música para Salvar Vidas vai visitar de novo Ribadeo, e vaino facer a través do coro Uganda Natumayini. Este coro xa ten percorrido a xeografía española entre o 2005 e o 2016, e agora de novo volve visitarnos a nós tamén. É unha agrupación musical e coral que fai unhas danzas espectaculares e que interpreta uns cantos ben emocionantes”.
O edil nacionalista contou que “ten visitado xa Zamora, Burgos, Valladolid, El Espinar, Ávila… Tense achegado tamén a Murcia, a Cartagena, El Algar e a Caravaca de la Cruz....
leer másEste domingo, día 21, haberá un concerto lírico de Cara Voce no auditorio municipal a partir das oito da tarde. Dúas sopranos e unha pianista interpretarán obras de Mozart, Falla ou Schubert, entre outros autores. O prezo da entrada será de 3 euros, segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil ribadense explicou que “este domingo, 21 de xaneiro, ás oito da tarde no auditorio municipal Hernán Naval imos ter un concerto lírico. Vainos visitar o grupo Cara Voce, composto por Susana Gudín e María Alfaro, sopranos, e pola pianista Elia Esipovich. Van interpretar obras de Mozart, Debussy, Gounod, Schubert, Falla, … Vai ser unha combinación de música clásica e máis zarzuela. Imos podes escoitar algunha peza das Bodas de Fígaro, de Mozart, outras de Debussy, piano só, piano e voces,…”.
Farruco Graña...
leer másDobre cita musical en Burela. Esta noite ás 21 horas na Casa da Cultura haberá concerto de Zoelas. O evento está organizado polo Concello. A entrada é de balde.
Zoelas é un grupo musical de recente creación que nace na Comarca da Ulloa. O xermolo do colectivo sitúase na Asociación Fiadeira, da que forman parte as integrantes de Zoelas. O nome é collido daquela tribo prerromana que habitaba a zona noroeste da península. Un matriarcado cuxos valores serven ao grupo de inspiración para moitas das súas composicións.
Partindo do seu contacto coa música tradicional, Bea García, Érica García, Carmela Mariño, Pilar Navego, María Bouzas e Patricia Coucheiro deciden xuntar inquietudes musicais para dar lugar a Zoelas, proxecto no que mesturan as raíces do canto tradicional con melodías doutros estilos musicais e letras...
leer másA programación de Nadal do Concello de Lourenzá inclúe para esta semana obradoiros de organería e de consumo responsable, un concerto e unha representación de teatro infantil.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “durante toda esta semana continúan as actividades de Nadal programadas polo Concello de Lourenzá. Ademais dos obradoiros sobre organería e consumo responsable, que se celebrarán o mércores e o xoves respectivamente, o xoves, día 28 de decembro, ás 21 horas no salón de actos do Concello terá lugar o concerto de Davide Salvado e Pedro Pascual. Está actuación está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo. Para rematar as actividades da semana o sábado 30 ás 18 horas o grupo In Bocca al Lupo porá en escena a obra Superlía, un espectáculo para público infantil e familiar”.
Manuel...
leer másO espectáculo infantil Picariño estará en Barreiros o vindeiro martes, 26 de decembro. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que organiza a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta, coa colaboración do Concello barreirense.
Esta representación terá lugar ás 12:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.
Trátase dun concerto didáctico, destinado a un público infantil e familiar, que é un proxecto musical que une tres figuras representativas da historia da nosa música e das nosas letras.
En Picariño interveñen Pura e Dora Vázquez con Senén Vaamonde, Alfredo e Manuel (A Roda).
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro. O director da banda, David Ballester, subliña que será unha actuación especial porque estarán moitos músicos que traballan ou estudan fóra de Ribadeo e volven polo Nadal á vila polo que contarán con máis compoñentes do que é habitual.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo anunciou hoxe que “coas datas do Nadal chega o típico concerto Aquí como en Viena, da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano terá lugar o sábado 30 de decembro, ás nove da noite no Teatro”.
David Ballester comenta que “é un concerto especial tanto polas datas nas que nos atopamos, xa que imos poder aproveitar todos estes músicos que temos traballando ou estudando fóra de Ribadeo co cal a plantilla...
O cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal este sábado, día 16, ás 19:30 horas na Sala Bahía, de Foz. Esta actuación, con entrada gratuíta, forma parte da programación cultural do Concello de Foz para este mes de decembro.
O departamento de Cultura do Concello de Foz explica que “Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, un insólito cuarteto no que o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces dan vida a unha formación única que fai a delicia dos espectadores. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, … darán forma a este concerto de orixinais e evocadores sons”.
Este sábado, 25 de novembro, no teatro Pastor Díaz de Viveiro, celebrarase o concerto de Santa Cecilia da Banda Municipal de Música de Viveiro.
Esta actuación enmárcase nos actos organizados con motivo do centenario da Banda Municipal de Música O Landro que dirixe Carlos Timiraos Timiraos.
O concerto dará comezo ás 21:00 horas e está organizado pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Viveiro.
A Banda de Música O Landro celebra durante este mes de novembro unha exposición do seu centenario que se pode visitar na Biblioteca Municipal ata o día 30.