Ribadeo conmemora o Día de Rosalía coa celebración dun concerto este sábado, 24 de febreiro.
O grupo Áureas presentará En Voga ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
En Voga é o concerto espectáculo de Áureas. Enriba do escenario veremos unha charanga dos anos 20 formada por cinco mulleres, de catro nacionalidades diferentes, que interpretan unha coidada selección de pezas de autor e composicións desa década incluíndo ritmos brasileiros, polacos, arxentinos e galegos.