Concerto
Foz acollerá este domingo, día 16, dúas actividades do programa Espazos Sonoros, organizado pola Xunta de Galicia. Son unha visita á Frouxeira e un concerto na basílica de San Martiño. Ambas son gratuítas.
Para participar na visita á Frouxeira, que será ás 15:00 horas, hai que anotarse a través da dirección de correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas, debendo aportar o nome completo de cada un dos participantes e un número de teléfono de contacto. O día da actividade terán que presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.
O concerto na basílica de San Martiño de Mondoñedo está programado para as 19:00 horas e correrá a cargo do grupo VIVID...
leer másO Eido Dourado acollerá este domingo, 12 de agosto, un novo concerto do ciclo musical Sons no solpor, que correrá a cargo da cantante galego-suiza Nastasia Zürcher. Será a partires das 22:00 horas nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros.
O artista barreirense Celso Dourado anunciou: “contaremos coa presenza de Nastasia Zürcher, é unha vella coñecida, xa actuou hai dous ou tres anos, cando iniciaba a súa carreira aquí. Ela viña de Suiza, xa tiña suficientes táboas e por circunstancias trasladouse a vivir a Galicia”.
Celso Dourado explicou que “é unha cantante nada en Xenebra no ano 1988. É unha compositora galego-suiza e está galardoada cun sinfín xa de premios pese á súa xuventude, como poden ser no Galician Music e nos Martin Códax, como cantante revelación no ano 2016. Actuou nun...
leer másAs formacións musicais ribadenses A Gramola e Calabash volven ensaiar, despois duns anos de inactividade, para reaparecer nun concerto conxunto que ofrecerán este venres, día 10, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo con entrada gratuíta.
O músico ribadense Marcos Rodríguez, que é a cabeza visible desta iniciativa, explicou: “para nós, refírome a Olalla Canoura López, profesora de violín nas escolas municipais de música de Ribadeo e de Burela, e para min, que son o profesor de percusión na escola de Ribadeo, é un pracer volver reunir a xente con dous proxectos que tíñamos parados. Un deles é Calabash, un grupo de percusión de Ribadeo que levaba tres anos sen actuar, xa que debido ao relevo xeracional tivemos que esperar uns anos e agora temos uns rapaciños que xa poden animarnos un pouco a tarde, como veremos este venres. E por outro...
leer másO trío de pandereteiras Tanxugueiras actuará o vindeiro domingo, 5 de agosto, no Eido Dourado, en Barreiros, a partir das 22:30 horas. O artista barreirense Celso Dourado subliña que estamos diante dun grupo extrovertido e orixinal, procedente de Teo e do Barbanza, que recolle a música popular e as tradicións das súas aboas.
Celso Dourado explicou que “este vai ser o terceiro concerto se o tempo nos axuda, esperemos que si. Os dous anteriores foron tremendamente concorridos e esperamos que este non deixe de selo. Nesta data do 5 de agosto, o vindeiro domingo, a partir das dez e media da noite, contaremos coa presenza das Tanxugueiras. É un trío que xa pretendemos traelo o ano anterior, pero por circunstancias de axenda non puideron vir”.
Dourado contou que “este trío está composto por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e...
leer másAs terrazas do Cámping Gaivota, en Barreiros, acollerán maña unha nova queimada proletaria coa actuación do grupo Djang Dharma, que fusiona instrumentos da India, de Australia e do Tíbet.
O artista barreirense Celso Dourado dixo que “este venres temos a tradicional queimada que facemos todos os venres no cámping cunha actuación musical dun grupo que posiblemente sexa dos máis orixinais que eu coñezo. Trátase de Djang Dharma, que son Chus, Tomás e Adrián”.
Dourado explicou que “esta xente coñeceuse hai uns anos tocando polas rúas de Santiago. Desta relación naceu unha fonda amizade que os leva a xuntarse e a convivir longas tempadas, sobre todo polo inverno, nun val de Asturias, máis en concreto na comarca dos Oscos. Aquí crean, improvisan e ensaian practicamente sen ningunha influencia, nada máis que os seus...
leer másO Eido Dourado continuará este domingo, 22 de xullo, co seu ciclo musical Sons no solpor. O concerto desa xornada correrá a cargo de Milesios, un grupo de música tradicional galega e irlandesa. A actuación dará comezo ás dez e media da noite, nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada en Barreiros.
O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “o domingo, no Eido Dourado, entre as dez e cuarto e dez e media da noite, temos unha nova cita. Neste caso vai ser con outro grupo referente do panorama folk galego. Forma parte do ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado, e imos ter a actuación do grupo Milesios”.
Dourado explicou que “Milesios é unha formación que xa ten dez anos, nace no 2009. Une o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa dende as súas primeiras actuacións que foron en...
leer másEste venres, 20 de xullo, no Cámping Gaivota, en Barreiros, darán comezo as Queimadas Proletarias mesturadas con Músicas de Raíz. Será coa actuación de Tis Che Tein a partires das once da noite.
O artista barreirense Celso Dourado explicou que “como é tradicional no Cámping Gaivota iniciamos as queimadas todos os venres durante os meses de xullo e agosto. Nesta ocasión vainos visitar unha vez máis Tis Che Tein. É un grupo que xa estivera o ano pasado, pero por mor da choiva tivemos que suspender a súa actuación e quedou pendente para este 2018”.
Dourado dixo que “é un grupo que eles mesmos se definen como de folk tabernario, se forma entorno ás terrazas de Santiago de Compostela, traballan unha música que bebe do folk irlandés esencialmente e os seus membros, ademais desta formación que teñen que é moi dinámica,...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de verán este venres, 20 de xullo.
A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval e dará comezo ás 20:45 horas.
O concerto, titulado Zarzuela e outras músicas, será en beneficio da Asociación Española contra o Cancro. E o donativo mínimo é de 3 euros.
Colaboran o Concello de Ribadeo, a Asociación Española contra o Cancro, Discosta Norte SL, a Xunta de Galicia, Acisa Ribadeo e o Centenario de Carlos Álvarez Fernández Cid.
O vindeiro domingo, 15 de xullo, as 12 horas no Castelo do Castrodouro, terá lugar un concerto de saxofón a cargo do director artístico e musical Juan Clemente Novo, profesor de saxofón do Conservatorio Profesional de Música Rodolfo Halffter de Móstoles (Madrid) e Profesor de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Castilla y León.
O concerto consistirá en obras de saxofón e piano, cuarteto de saxofóns e sexteto de saxofóns interpretadas por alumnos de Ensinanzas Profesionais e Ensinanzas Superiores, un profesor de piano acompañante e a colaboración dunha actriz-narradora que acompañará con pequenos relatos pedagóxicos, sobre a orixe, historia e repertorio do saxofón as obras.
Con este concerto preténdese achegar ao público a través da palabra, a imaxe, a emoción e, sobre todo, a música, ás distintas...
leer más