Raúl de Carmen
O Concello de Viveiro convoca a persoas con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos para realizar un mural co artista Raúl de Carmen do 9 ao 15 de setembro.
O Concello explica que “Viveiro acollerá a realización do mural Cando o río soa, de Raúl de Carmen. A obra resultou gañadora do concurso de murais People and Planet, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e Viveiro foi o concello elixido para a súa realización. O artista solicita a colaboración da mocidade de entre 15 e 35 anos que queira participar nas sesións e aportar a súa visión. As mozas e mozos que teñan interese en participar poden inscribirse mandando un correo electrónico a xuventudeviveiro@gmail.com. As persoas participantes inmortalizarán, xunto a Raúl de Carmen, o mural “Cando o río soa” en Viveiro...
leer más