Concerto
A aula de percusión da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este mércores, día 9, ás 19:00 horas, nas instalacións da propia Escola. A entrada é libre e gratuíta.
O director da Escola, Xan Carballal, salienta que “se tocarán unha serie de pezas clásicas e modernas de distintos niveis, abarcando tanto cancións populares, francesas, inglesas, etc…, como de autores de prestixio, é o caso de Offenbach e Michael Jansen, entre outros”.
As pezas estarán interpretadas polos alumnos Mateo Medina Álvarez, Xabier Diz Expósito, Noel Cayón Meitín, Julia García Ramil, David Pita Pernas, Franklin Olaya Saavedra e Pedro Balseiro Santos.
Este sábado, 28 de abril, celébrase en Foz un concerto a cargo do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros, que terá lugar na Sala Bahía ás 12:30 horas.
Este grupo fai música para pícaros e pícaras de 0 a 8 anos, e naceu ao abeiro de Espazo Lector en Gondomar.
A actuación está organizada pola ANPA da Escola de Música de Foz, en colaboración coa profesora de Música e Movemento da Escola. Os grupos de nenos e nenas que cursan esta asinatura van participar tamén no concerto, acompañando nun par de cancións á agrupación.
Dentro das actividades programadas para este curso e incluídas nos actos conmemorativos do 20º aniversario da fundación da Escola Municipal de Música de Burela, a aula de chelo, formación básica, violas e coro infantil ofrecerán mañá, xoves 26 de abril, ás 19:00 horas na sede do centro un concerto de alumnos destas especialidades.
Anunciouno o director da escola de música, Xan Carballal, quen especificou que neste concerto interpretarán obras de Suzuky, Mozart e Mendelsohn, entre outros compositores.
Neste acto participarán 40 alumnos con idades comprendidas entre os catro e os 16 anos.
A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, presentaron xunto coa artista mariñá Lara o concerto que vai ofrecer a que fora recanteira no Luar o vindeiro sábado, 21 de abril, no Auditorio da Casa da Cultura.
A cita será ás 20:00 horas e a entrada é libre.
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto anunciou que a Deputación desenvolverá unha programación cultural coa que o musicólogo sarriano Abraham Cupeiro realizará 20 accións en 16 Concellos da provincia, para amosar o seu traballo de recuperación de instrumentos ancestrais. “Trátase dunha programación que inclúe actuacións nos Concellos de Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos e Vilalba, onde ofrecerá concertos abertos ao público en xeral. Ademais, realizará 16 concertos didácticos en centros educativos da provincia, serán concertos pedagóxicos, no que viaxará cos escolares ao pasado máis remoto a través dos instrumentos de vento”, sinalou a Deputada.
García Porto avanzou que “con esta iniciativa damos a coñecer a nosa gran riqueza musical e as nosas tradicións, empregando unha gran colección de máis de 200 instrumentos de Cupeiro, que van...
leer másA orquestra Pascual Veiga da Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo ofrece este sábado, 7 de abril, o seu Concerto de Primavera.
A actuación terá lugar no Auditorio Municipal e dará comezo ás 20:30 horas.
Neste concerto interpretará dúas pezas a orquestra infantil, e a orquestra Pascual Veiga, dirixida por Xan Carballal, incluirá no seu repertorio as composicións Chegada da raíña de Saba de Handel, Tres danzas húngaras de Nelson, Oboe de Gabriel de Morricone e Andante concerto para dúas mandolinas de Vivaldi, entre outras.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Semana Santa o mércores 28 de marzo. Esta actuación terá lugar na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas e nela a Banda interpretará por vez primeira sete obras relacionadas coa Semana Santa e debutará un novo músico. Ademais é o primeiro concerto para a nova xunta directiva da Asociación Amadores da Música, que agora preside Elisa Álvarez Amor.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “o mércores 28 de marzo terá lugar o tradicional concerto de Semana Santa a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano retomamos o que anos atrás facíamos neste concerto, que era tocar na igrexa parroquial; así que será ese día 28 de marzo na igrexa parroquial ás nove menos cuarto da tarde. Neste concerto...
leer másA área de piano da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto de alumnos o vindeiro martes, 13 de marzo, ás 19.30 horas. Será no salón de usos múltiples e ten carácter público e gratuíto.
O director da Escola, Xan Carballal, explica que “se tocarán unha serie de pequenas pezas clásicas e modernas tanto a nivel individual como a catro mans. Abarcan tanto cancións populares como de compositores de renome do panorama musical pianístico como Beethoven, Diabelli, Wohlfart..., interpretadas tanto por pequenos como por adultos”.
Carballal engade que “dito concerto englóbase dentro dos actos programados para o presente ano por mor da celebración dos vinte anos de creación desta Escola Municipal de Música de Burela”.
Aplastanécoras ofrecerá un concerto en Mondoñedo o 25 de febreiro. O quinteto está formado por dous violíns, viola, violonchelo e contrabaixo, e deronse a coñecer no ano 2015.
Interpretarán versión de Queen, AC/DC, Muse, Abba, Ther Doors, Guns&Roses, The Blue Brothers…
A cita sera ás 20 horas no auditorio municipal Pascual Veiga. O prezo das entradas será de 5 euros, agás os menores de 12 anos que pagarán 2 euros.