Concerto

Etiquetas:
10/12/2018

O Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil e da Delegación de Cultura, organiza un concerto da AC Brigantia, que se celebrará o vindeiro domingo, 16 de decembro.

Nesta actuación terá lugar a presentación do novo CD da Asociación Cultural Brigantia que leva por título Clásicos da Música (Tango). Neste traballo Julia Mª Dopico e Daniel Azdamian presentan unha selección de música clásica de tango desde Gardel ata Piazzola, con arranxos propios en versión única para bandurria e guitarra.

O  concerto será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, o domingo ás 18:00 horas. A entrada é gratuíta, ata completar aforo.

 

05/12/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 8 de decembro, a actuación do grupo Sons de Celeiro. Será no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. Este evento é aberto ao público.

O grupo Sons de Celeiro presentaba este outono o seu traballo "Cantar ben ou non cantar". No seu repertorio inclúe un tema dedicado á lenda da Maruxaina.

 

Etiquetas:
01/12/2018

A banda madrileña Cosmosoul ofrecerá un concerto en Ribadeo o vindeiro sábado, 8 de decembro, dentro da súa xira por Galicia e Asturias. A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval, ás 20:30 horas.

A formación está composta por cinco músicos con técnicas, formación e perfís moi diversos, o que dá como resultado unha mestura de estilos e culturas que queda plasmada nos tres discos cos que xa contan. A súa música está fortemente arraigada ao neo-soul e ao R&B, pero conta cunha riqueza de matices da worl music, o jazz e o pop.

O terceiro álbum que agora presentan leva por título Walk, e o seu traballo vai dirixido a achegar ao público os seus coidados directos.

 

Etiquetas:
22/11/2018

A programación cultural de Foz inclúe para este fin de semana dúas representacións teatrais e un concerto.

Mañá, venres, ás 21:00 horas no centro social de Santa Cilla o grupo de teatro O Centiño representará a obra Zume de amorodios.

O sábado 24 ás 20:00 horas na Sala Bahía haberá un concerto da Banda de Música de Foz. E o mesmo día á mesma hora na Antiga Báscula de Marzán o grupo teatral Pico do Castro representará a obra Matías está tolo.

 

Etiquetas:
20/11/2018

O trompetista da Banda Municipal de Música de Ribadeo Álvaro García, que estuda Deseño en Bilbao, elaborou o cartel do concerto de Santa Cilla que se celebrará no Cine Teatro este sábado, día 24, ás 20:30 horas.

Sobre esa actuación o director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono, como solista, e tamén haberá un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está bastante ben”.

O director da Banda ribadense comentou tamén que “ultimamente neste concerto de Santa Cilla dedicamos a algún compositor unha serie de pezas en concreto. Este ano ímolo facer dedicado ao compositor e director belga Bert Appermont, que é un dos meus compositores preferidos para música de banda e tiven a sorte de coñecelo nunha...

leer más
19/11/2018

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este mércores, 21 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza dentro dos actos do 25 aniversario do centro.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Bach ata Billy Joel. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 22 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos.

 

 

Etiquetas:
14/11/2018

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira continúa coa programación de actividades de Outono Cultural este xoves, 15 de novembro, cunha actuación de Batuko Tabanka.

O grupo de mulleres caboverdianas Batuko Tabanka actuará este xoves ás 20:30 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música. A entrada a este concerto é libre ata completar o aforo do local.

O ritmo das “batukadeiras” ten un pasado ligado á música que facían os escravos en Cabo Verde, antes batendo no peito e agora batendo nunha saca de coiro colocada entre as pernas, que recibe o nome de “batuko”.

 

Etiquetas:
13/11/2018

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de Santa Cilla o día 24 deste mes, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro. Esta actuación estará dedicada ao director e compositor belga Bert Appermont. 

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “neste mes de novembro o 22 é o día de Santa Cilla, a patroa dos músicos, e como non podía ser menos, a Banda de Música Municipal de Ribadeo vai facer o seu concerto de Santa Cilla. Será o día 24 ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.

David Ballester engade que “neste concerto sempre me gusta que algúns dos músicos da Banda demostren o seu bo facer, o seu talento, e teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono como solista e tamén teremos un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está...

leer más
Etiquetas:
06/11/2018

A agrupación coral Del Coro al Caño, de Gijón, cantará na igrexa parroquial de Santa María de Valdeflores, de Lourenzá, na misa deste domingo, día 11, ás 12:45 horas.

Este coro está ofrecendo concertos de música sacra en varios concellos vinculados co Camiño de Santiago.

 

05/10/2018

A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá mañá, 6 de outubro, ás oito da tarde un Concerto de Corais. 

Actuarán a Coral Alborada, de Viveiro, e a Coral Asociación Amigos del Camino de Santiago, da provincia de Lugo.