Concerto
O espazo artístico Eido Dourado, situado a carón da praia da Pasada, en Barreiros, comeza este domingo, 15 de xullo, o seu ciclo de concertos Sons no solpor, coa actuación de Agüeira Project. Será a partir das 22:30 horas. Tamén volverán nuns días as queimadas proletarias mesturadas con música de raíz no Cámping Gaivota.
O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “as actividades van empezar este domingo próximo, día 15, cun concerto. Vai haber un concerto como sempre, a partir das dez e media, coa caída do sol, que abrirá o ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado. Imos escoitar un proxecto novo chamado Agüeira Project. Podemos dicir que despois dunha exitosa carreira musical, o guitarrista alemán Reinhold aséntase definitivamente, creo que no 2005, en Santalla de Oscos á beira do río Agüeira. Establece un hotel rural, La Casona...
leer másO coro Mestre Pacheco, de Mondoñedo, actuará este sábado, día 7 de xullo, ás 20:30 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá. Este concerto está incluído nos actos programados entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá con motivo das XI Xornadas do Peregrino.
Nesta actuación serán interpretada unha selección coral de temas da obra O amor de Afonso Reimúndez, con texto de Xosé Peinó e música de Xan Carballal, que se presentará o mesmo día ás doce do mediodía na Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo.
O sábado, 2 de xuño, a Igrexa das Concepcionistas de Viveiro acollerá un concerto no que intervirán o Grupo de Canto D´Amas de Aranjuez e a Coral Polifónica Eumensa de Pontedeume.
A actuación dará comezo ás 20:30 horas.
Organiza o acto a Coral Polifónica Alborada coa colaboración do Concello de Viveiro e as relixiosas Concepcionistas.
O sábado, 26 de maio, ás 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura actuará a Xormubu (Xove Orquestra de Burela), agrupación pertencente á Escola Municipal de Música burelesa.
Segundo explica Xan Carballal “esta agrupación naceu fai anos co fin de impulsar a educación musical clásica e está formada por alumnos e profesores da Escola”.
O director da Escola de Música de Burela sinala que “nesta ocasión o programa que se vai presentar son obras de diferentes estilos onde cabe destacar a intervención da alumna Amanda López López, quen con so 13 anos tocará unha obra escrita por Camile Saint Saens para violonchelo. Nesta obra tamén destaca o papel do alumno de viola Alexi López Martinez, que realizou a coreografía representada por el mesmo”.
O programa é o seguinte
O...
A delegación de Cultura do Concello de Cervo conmemorará o Día da Letras Galegas co concerto de Caxade. Será o sábado, 19 de maio, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián.
Caxade é o proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmoderno e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.
Caxade é unha banda musical, pero nace no último trimestre do 2012 como proxecto audiovisual transgresor, coas videocreacións “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda” (con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tánia Ameneiro). En novembro de 2013 edita no selo cooperativo "Discos da Máquina" o seu primeiro traballo discográfico A Dança dos Moscas coa banda formada por Manu Paino...
leer másO concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “o cantautor galego Tino Baz ofrecerá un concerto no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 19 de maio ás 20 horas. Tino Baz é un coñecido cantautor e músico de A Guarda (Pontevedra) que formou parte de grupos tan recoñecidos como A Roda e Treixadura. Actuou na clausura da primeira edición das Xornadas de Historia Local que se celebrou en xaneiro de 2017 na Fortaleza de Tovar”.
Este acto, que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas, está organizado pola Concellería de Cultura e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.
A Delegación de Cultura organiza varias actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O día 13 de maio terá lugar unha representación do grupo de teatro O Bordelo, e o día 20 actuarán o Dúo Rosas e a Coral Polifónica de Barreiros.
O grupo de teatro O Bordelo poñerá en escena Depende, unha obra cómico-costumbrista. A representación terá lugar este domingo, día 13, ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
As actividades da Concellería de Cultura de Barreiros con motivo do Día das Letras Galegas continuarán o 20 de maio con dúas actuacións musicais ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O Dúo Rosas ofrecerá un concerto de bandurria e guitarra. Esta formación está integrada por Julia María Dopico,...
leer másO Concello de Mondoñedo súmase á celebración do día de Europa a través da música. Con tal motivo terá lugar un concerto este mércores, 9 de maio, ás 12:00 horas, na Praza do Concello de Mondoñedo.
A Escola Municipal de Música de Mondoñedo xunto ao CEIP Álvaro Cunqueiro, o IES San Rosendo e o Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro, interpretarán o himno de Europa, o himno da Alegría, un dos catro símbolos oficiais da Unión Europea.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o sábado 19 de maio ás 20:30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación debutarán catro músicos.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chegadas estas datas de maio a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional concerto dedicado ás Letras Galegas. Será o sábado 19 de maio ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.
David Ballester subliña que “debido a que é o concerto das Letras Galegas nós imos enfocalo, como non podía ser doutra maneira, con música galega, de temática ou de compositores galegos como poden ser Xoán Montes, Juan Lois Diéguez, David Fiuza ou Reveriano Soutullo, interpretando diferentes tipos de música desde pasodobres a muiñeiras e habaneras. Creo que vai ser un...
leer másA Concellería de Cultura presenta na programación para este mes de maio, que xa daba comezo este pasado fin de semana, a actuación o vindeiro venres, día 11, do grupo Mofa e Befa. O sábado a Coral Polifónica de Burela ofrecerá un concerto para conmemorar o seu XXX aniversario e o domingo chegará un novo rastrillo popular solidario e o festival de música e baile de Ledicia. O Concello celebrará o Día das Letras Galegas con varias actividades, entre as que destacan o concerto que ofrecerán Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “tendremos este viernes la obra de teatro de Mofa e Befa que se llama Cránios privilexiados ou crítica da razón perralleira. Es una obra humorística. Mucha gente conoce a Mofa e Befa entonces suponemos que tendrá una buena respuesta....
leer más