O trío de jazz Sumrrá ofrecerá un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 20:00 horas o domingo, 25 de febreiro.
Sumrrá conta con quince anos de traxectoria e leva editados cinco discos. Dende o ano 2000 ten participado en numerosos festivais nacionais e internacionais como o Festival de Jazz de Madrid, o Festival de Jazz de Oviedo, o Festival Internacional Tanjazz de Tánger ou o Festival Internacional de Jazz de Santa Cruz en Bolivia.
En 2016 Sumrrá lanza o seu quinto disco titulado Sumrrá V Journeys, editado pola discográfica neoyorquina Clermont Music, e inspirado nalgunhas das cidades polas que ten pasado nas súas xiras como París, Braga, Johanesburgo, La Paz ou Sofía entre outras.