Concerto
O cantautor Javier Álvarez ofrecerá un concerto este xoves, 6 de maio, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo. A actuación enmárcase no ciclo Outras Músicas, organizado polo Concello ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.
O músico madrileño presentaba en 2018 o seu disco titulado 10, que significaba o seu regreso ao ambiente discográfico, coincidindo co décimo traballo da súa carreira de máis de tres décadas, cando a mediados dos 90 se daba a coñecer cos seus primeiros éxitos con cancións como La edad del porvenir.
Ten intervido en múltiples colaboracións cos artistas máis recoñecidos a nivel nacional e internacional, e numerosas versións de temas clásicos. Ademais segue a ser fiel á súa busca incansable de fórmulas innovadoras alleas ás habituais do mercado musical e tamén escolle os escenarios nos que ofrece...
leer másO 15 de maio ás 20:00 horas a gaiteira Susana Seivane ofrecerá no Auditorio Municipal de Burela un concerto para presentar "Dende o meu balcón", o seu 6° disco que supón o retorno ao substrato ancestral sobre o que construíu a súa carreira e que ten como fío condutor a riqueza do patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición.
Esta volta á orixe xurde a partires dun proceso onde a nosa identidade artellou unha catarse colectiva para miles de persoas no mundo a través da interpretación de Susana Seivane dos temas recollidos no disco durante cada noite do confinamento. Inconscientemente a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia e precisamente o descubrimento desta condición foi o que a levou a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico. O repertorio de...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá un concerto sacro este Venres Santo na Igrexa Parroquial ás 19:30 horas. Tamén cantarán nos oficios do Xoves Santo.
A programación cultural do mes de marzo remata hoxe, 30 de marzo, coa actuación de Fátima Fernández que presentará Os contos pop up, dentro do programa APEGO. A representación terá lugar no parque de San Francisco ás 17:30 horas.
Esta semana en O Vicedo haberá música e humor. O Grupo Píscore presenta o "Concerto Singular", que tivo que ser aprazado hai 15 días. Finalmente será este sábado, 9 de xaneiro, ás 18:30 horas na Casa da Cultura.
Debido ás normas sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia o aforo está limitado a 60 persoas.
O Concello de Lourenzá organiza un concerto de Nadal coa Banda de Música de Foz na parroquia de Santo Tomé, dentro do Programa de Dinamización das Parroquias. Será este domingo, 3 de xaneiro, ás 12:30 horas no Pavillón Polideportivo.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este ano o seu tradicional concerto Aquí como en Viena en dúas sesións, este sábado 26 e o domingo 27, ás 20:30 horas, no auditorio Hernán Naval. As dúas actuacións serán con aforo reducido debido ás restricións sanitarias en vigor. O primeiro dos concertos será só para familiares dos músicos e o segundo para o público en xeral e retransmitirase a través de facebook.
O director da Banda, David Ballester, explica que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional Aquí como en Viena, pero vai ser diferente pola situación que estamos a vivir e que condiciona a realización do concerto. Dende a asociación Amadores da Música e dende o Concello pensamos que a mellor opción é dividir o concerto en dúas sesións, co cal este ano imos levar a cabo o sábado 26 de decembro ás 20:30...
leer másO premio do concurso de postais convocado polo Concello de Lourenzá será entregado este mércores, día 23, e o domingo 27 haberá un concerto da Banda de Música de Foz na igrexa de San Adriano.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “foi elixida a postal que vai empregar como felicitación de Nadal, que é a gañadora do concurso convocado polo Concello de Lourenzá, cuxa autora é Sara Terrón, de 10 anos. O premio, que consiste en 100 euros e trofeo, será entregado este mércores, día 23, ás 17 horas, durante a visita de Papá Noel ao concello”.
Ademais o domingo 27 ás 12:30 horas na igrexa de San Adriano haberá un concerto da Banda de Música de Foz. “Está incluído no programa de dinamización das parroquias, dentro do Plan Único da Deputación. Se a climatoloxía o permite será no campo da igrexa e no caso...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este ano o seu tradicional concerto Aquí como en Viena en dúas sesións, os días 26 e 27 de decembro, ás 20:30 horas, no auditorio Hernán Naval. As dúas actuacións serán con aforo reducido debido ás restricións sanitarias en vigor. O primeiro dos concertos será só para familiares dos músicos e o segundo para o público en xeral e retransmitirase a través de facebook.
O director da Banda, David Ballester, explica que “chegan as datas do Nadal, que é bastante diferente ao habitual, e a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional concerto Aquí como en Viena. Vai ser diferente, obviamente pola situación que estamos a vivir e que condiciona a realización do concerto.”
Ballester engade que “dende a asociación Amadores da Música e dende o Concello...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias presentou xunto ao presidente da asociación Abrindo Camiño, Luís Fernández Ansedes, o cartel anunciador do concerto que A Quenlla dará no auditorio municipal de Mondoñedo o vindeiro martes, 8 de decembro, ás 19.45 horas, e que conta co patrocinio íntegro da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A través deste concerto didáctico, o grupo de música tradicional galega interpretará as dez cantigas de Martín de Padrozelos, que foron musicadas por membros deste grupo no marco do proxecto Trobador no camiño. Andares pola lírica de Martín de Padrozelos.
O delegado territorial subliñou que este tipo de eventos “axudan á dinamización social, cultural e económica das vilas e cidades e á difusión do fenómeno Xacobeo”. O Goberno galego, engadiu, “traballa co...
O Concello de Foz organiza esta semana un acto de conmemoración de Santa Icía. Será cun concerto de trompas a cargo do cuarteto Catro Cores o sábado, día 21, ás 19 horas na Sala Bahía e para acudir é necesario reservar. O teléfono habilitado é o 982.140.027, extensión 3, do departamento de Cultura. A entrada a este evento será gratuíta.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o concerto segue a liña deste mes, relativa á difusión e empoderamento feminino, xa que o 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O venres pasado a compañía Ítaca Teatro levaba á escena a obra Cinco minutos sen respirar, que mostraba ao público o sufrimento das mulleres vítimas de violencia por parte das súas parellas. Neste sábado sairán ao escenario catro mulleres que forman o grupo Catro cores, un...
leer más