Concerto
Joni Ramos & Sunday Morning Club actuarán o 3 de setembro nos Xardíns de Noriega Varela, en Viveiro.
O Concello de Viveiro anuncia o concerto do grupo local Joni Ramos & Sunday Morning Club o vindeiro venres, 3 de setembro.
A actuación celebrarase ás 20:00 nos Xardíns de Noriega Varela. Durante o concerto, cumpriranse en todo momento os protocolos COVID-19 marcados polas autoridades sanitarias.
Dende o Concello de Viveiro animan á cidadanía a achegarse á cita e gozar do talento musical de Viveiro.
O grupo Milladoiro ofrecerá un concerto en Cervo o vindeiro sábado, 28 de agosto. Terá lugar na Fábrica de Cerámica de Sargadelos ás 21:00 horas con entrada de balde.
A reserva de entradas pódese facer a través do correo electrónico entradas@concellodecervo.com ou no teléfono 982 59 51 57, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas. O aforo é limitado.
Colaboran na organización deste evento: Cervo Verán Cultura Segura e Xacobeo 21-22.
O vindeiro xoves, 26 de agosto, terá lugar o concerto benéfico que ofrecerá a Coral Polifónica de Ribadeo. Será no Teatro ás 20:30 horas. O prezo da entrada solidaria será de 5 euros.
O concerto será a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. As persoas que non poidas asistir teñen á súa disposición unha fila 0 na que se poderán ingresas os donativos, se así o desexan. No Banco Santander hai habilitada unha conta para este fin.
O luns, 23 de agosto, haberá música na rúa en Cervo.
Na praza do Souto actuará A Banda da Loba a partir das dez da noite.
Inscriben media hora antes na mesma ubicación.
O grupo musical galego A Banda da Loba actuará na Pontenova este sábado, día 21 de agosto. O concerto será na Praza dos Fornos ás 21:30 horas.
A Banda da Loba é unha formación galega integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este proxecto. Destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o gran éxito...
leer másViveiro acolle este sábado, 21 de agosto, o concerto da Orquestra Vigo 430, que conta coa guitarrista Alexandra Whittingham e a directora Jhoanna Sierralta.
A actuación será no Teatro Pastor Díaz ás 19:00 e enmárcase na programación do “Xacobeo 21-22”.
Para acudir á representación, compre reservar as entradas no teléfono 982560162 en horario de 9:00 a 14:00 ou no enderezo electrónico: rbg.cultura@viveiro.es
Un dos espectáculos incluído no ciclo Concertos na Fin do Mundo, que organiza a Xunta de Galicia, será no municipio de Cervo, concretamente nas inmediacións do Faro de San Ciprián, o día 10 de setembro, venres. Actuarán o famoso cantante vasco Mikel Erentxun e as galegas Yoly Saa e Russinha.
As entradas para este concerto están á venda e poden mercarse a través do seguinte enlace:
https://concertosnafindomundo.com/faro-sancibrao-cervo/
A organización explica que “Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para...
leer másEste domingo, 22 de agosto, chega a Barreiros o VIII Festival Bal y Gay co concerto do grupo Hércules Brass Quinteto de metais.
Hércules Brass Quinteto de metais nace na Coruña no ano 2012 e está formado por novos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE).
A cita será o domingo, 22 de agosto, na Capela de San Bartolo ás 13 horas. Entrada libre ata completar aforo.
A actividade desenvolverase atendendo ás medidas sanitarias, polo que as persoas que asistan deben facelo exclusivamente polo lugar habilitado, previa identificación e permanecer nos asentos asignados. Non estará permitido o consumo de comida ou bebida no recinto. Uso obrigatorio de máscara durante...
leer másEste xoves, día 19 de agosto, ás 21:30 horas haberá un concerto na terraza da Casa da Cultura de O Vicedo a cargo de Acordeireta, un grupo formado por Patricia González e Alejandro Balbuena.
Coa música do acordeón e da pandeireta acompañados polas súas voces ofrecerán un concerto moi variado de música galega.
Para asistir a esta actuación a entrada é libre ata completar o aforo.
A Banda de Música de Lourenzá actúa este domingo, día 15 de agosto, en Santo Tomé, concretamente na área recreativa O Pereiro, ás 20:30 horas. Este concerto está incluído no ciclo Música nas parroquias.
Neste evento, que se desenvolverá ao aire libre, haberá medidas anti covid, será obrigatorio o uso da máscara e manter unha distancia de seguridade de 2 metros entre os asistentes.