Arume

Etiquetas:
11/10/2024

A asociación cultural e musical Arume, de Burela, organiza a segunda Noite das Ánimas para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves, desde as 17:00 horas na Praza de Abastos de Burela.

Haberá actividades como taller de cabazas, confección de bonecas de millo, xogos tradicionais, contacontos, chocolatada, canto da Sinistra Compaña, procesión das ánimas, sorteos e foliada libre.

Arume anuncia: “volta a Noite Das Ánimas. O 31 de outubro agardamos por todos vós para desfrutar dunha tarde chea de actividades, nas que as nosas tradicións serán as protagonistas. Vide pasalo ben e a aprender cousiñas mentres enchemos o bandullo cunha boa chocolatada. Ás 21:00 horas  comeza unha foliada libre na que todos seredes benvidos. Traede o voso instrumento, ganiñas de cantar, bailar e a facer festa”.