Concerto
Dentro da programación de actividades que organiza a Escola Municipal de Música de Burela inclúese o xa tradicional Concerto de Nadal denominado Concerto en Familia.
Este vindeiro mércores, 18 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio municipal da Casa da Cultura terá lugar o mencionado concerto.
Segundo explica o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, “participarán neste recital alumnos de todas as idades, dende os nenos mais cativos ata os adultos por medio das agrupacións como son: banda, orquestra, coro, grupo de Jazz, de Rock…, etc”.
E engade que “como en anteriores ocasións o repertorio será variado. Incluiranse tanto obras clásicas como populares pasando polos temas propios destas datas”.
Este sábado, 14 de decembro, terá lugar en Burela un concerto de Tanxugueiras. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas. A actuación enmárcase na axenda cultural de decembro do Concello.
Este grupo de pandeireteiras presentará o seu segundo traballo titulado Contrapunto, no que presenta dez temas siameses, dez caras e dez cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que Tanxugueiras mantiveron vivas ata hoxe.
Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío acompañan as súas voces e pandeiretas coas percusións de Isaac Palacín (Berrogüeto, Guadi Galego).
O grupo acadou o pasado ano o premio ao mellor álbum galego do 2018-Premios MIN de la Música Independiente, Premios Martín Códax da Música Folk e Tradicional, e o recoñecemento Mellores Músicas de Galiza 2018 por Que non...
leer másO vindeiro mércores, 20 de novembro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura un concerto didáctico de percusión. Será ás 12:30 horas. Segundo explica o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal,“este concerto pretende amosarlle ao público a combinación entre os diferentes instrumentos de percusión e a música electrónica. Cales son as diversas posibilidades da música contemporánea actual combinada con outras músicas máis populares e urbanas”.
Carballal sinalou que “o programa composto por 6 obras abarca instrumentos de parches como toms, bongós, caixa, bombo, pandeireta, instrumentos caseiros coma son os tubos metálicos, as tixolas ou potas, placas de ferro e tamén instrumentos melódicos como a marimba.As diferentes formas de facelos sonar, mediante o uso de diferentes baquetas, variñas, escobillas ou incluso as propias...
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este mércores, 20 de novembro, ás 20:00 horas no Teatro o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos, que será a primeira actividade do curso escolar.
Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Haydn ata L. Einaudi. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 21 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos.
Xoán Curiel actúa este domingo, día 17, en Ribadeo dentro do ciclo Outras voces, no que a pasada fin de semana os asistentes puideron escoitar a Tonina Saputo.
Xoán Curiel chega ao Teatro de Ribadeo este domingo ás 20 horas cun concerto íntimo e acústico para o público adulto ribadense, antes de viaxar na semana seguinte nunha nova xira por Italia que o levará nesta ocasión a Roma, Perugia e Como.
Xoán Curiel dende hai anos desempeña a súa carreira en proxectos de adultos e infantís. Neste último caso con A Banda do Verán, coa que neste 2019 obteveron o Premio Martín Códax da Música Galega na categoría de música infantil polo seu libro disco e espectáculo A Casa do Terror.
En abril deste mesmo ano presentou o seu sexto traballo discográfico, un novo libro-disco, homenaxe á figura de...
leer másA Concellería de Educación de Viveiro e a Banda de Música O Landro organizan o concerto na honra de Santa Icía que se celebrará o sábado, 23 de novembro, ás 21:00 horas, no Teatro Pastor Díaz.
Nesa actuación o músico sarrián Abraham Cupeiro presentará o seu traballo Pangea, no que recupera diversos instrumentos de todo o mundo cos que interpreta música antiga e actual. Tamén intervirá a Banda de Música O Landro, dirixida por Carlos Timiraos.
O evento está patrocinado pola Deputación de Lugo, a través do seu departamento de Cultura.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Santa Cilla o día 23 deste mes, sábado, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. O director da formación, David Ballester, salienta que nesta actuación debutarán nove músicos, que se incorporaron recentemente á banda, algo que considera moi importante.
Ballester explica que “novembro é un mes especial para os músicos, xa que neste mes é a nosa patroa, Santa Cilla, e como non podía ser menos a Banda Municipal de Música de Ribadeo o sábado 23 ás oito e media da tarde fará o seu concerto de Santa Cilla. Este ano será no auditorio Hernán Naval”.
O director da Banda ribadense engade: “como todos os anos, sempre me gusta que algúns dos integrantes da Banda actúen como solistas. Imos ter dúas obras nas que, nunha delas, seis clarinetes van ser...
leer másO Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este sábado, 9 de novembro, a súa proposta musical máis ambiciosa no ciclo Outras Voces. Trátase do concerto que ofrecerá Tonina Saputo a partir das 20:30 horas.
Saputo, con 8 millóns de reproducións en youtube, recibe un pulo inmenso na súa carreira ao colocarse a súa versión de Historia dun amor, na listaxe das preferidas de Barack Obama.
As entradas para asistir a este concerto están á venda anticipada ao prezo de oito euros en ataquilla.com. O día da actuación poderán adquirise por 10 euros na billeteira, que abrirá ás 19:30 horas.
Tonina Saputo é unha cantante/compositora independente, baixista, xornalista musical e poeta de St. Louis, Missouri, que interpreta música orixinal xunto cos seus arranxos en español, inglés e italiano...
leer másTonida Saputo actuará en Ribadeo el próximo 9 de noviembre. Será a las 20:30 horas en el auditorio municipal Hernán Naval. Las entradas están ya a la venta anticipada en ataquilla.com al precio de 8 euros. El día del concierto la taquilla abrirá a las siete y media de la tarde y las entradas podrán adquirirse a 10 euros.
Tonina es una cantante/compositora independiente, bajista, periodista musical y poeta de St. Louis, Missouri, que interpreta su música original junto con sus arreglos en español, inglés e italiano.
Tonina proviene de una familia de amantes de la música que la expuso a muchos estilos musicales, desde funk, soul y jazz hasta música clásica. Nació en San Diego, California, pero se crió en St. Louis, Missouri, de origen negro y siciliano. Todos estos componentes le han dado un alcance musical...
leer másA Concellería de Cultura organiza un concerto infantil que ofrecerá Xoán Curiel mañá, 19 de outubro, no auditorio da Casa da Cultura, ás 18:00 horas. A entrada será libre.
Xoán Curiel presenta un novo espectáculo no que pon música a mulleres como Rosalía de Castro, Antía Otero, Rosalía Fernández Rial, Alda Merini e outras clásicas e tamén contemporáneas. Nesta montaxe Xoán Curiel fai fincapé na necesidade da presenza e visibilización das nosas creadoras, utilizando fundamentalmente a poesía e a metáfora creadas por elas que tanta inspiración teñen no artista.
Este concerto inclúese no programa Ler conta moito de actividades de dinamización da lectura que promoven a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas de...
leer más