Concerto

Etiquetas:
11/09/2019

O grupo musical mixto de vento, corda e percusión Lucus Esemble, da capital lucense, ofrecerá un concerto en Alfoz este domingo, día 15 de setembro. Será ás 19:00 horas na igrexa de San Salvador, que está ao lado do Castelo do Castro de Ouro.

Esta actividade, con entrada gratuíta, forma parte do programa O son do tempo, iniciativa de estudo e difusión da música medieval que leva a cabo a Deputación de Lugo.

Neste concerto soará música medieval interpretada con instrumentos reconstruídos.

13/08/2019

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto churrascada este sábado, 17 de agosto, ás nove da noite, no auditorio ao aire libre de Cabanela, no paseo marítimo ribadense. O repertorio estará integramente dedicado á música de pasodobres como homenaxe ás antigas bandas que amenizaban as festas nos pobos. A Banda de Ribadeo ofrecerá ademais o seu concerto de San Roque este venres, 16 de agosto, arredor das 13:30 horas. 

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia: “seguimos cos concertos de verán da Banda e nestas datas, cando chega o 16 de agosto, temos o concerto de San Roque que sempre facemos fronte á capela de San Roque, arredor da unha e media da tarde. Queremos convidar á xente que estea por Ribadeo este venres”.

Ballester sinala que “o sábado 17...

leer más
Etiquetas:
06/08/2019

A Banda Sinfónica de Galicia actuará no auditorio municipal de Ribadeo o vindeiro venres, 9 de agosto, ás 20:30 horas. Música e valores é o título da xira deste 2019. 

A agrupación está formada por 46 compoñentes, con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos, procedentes de diferentes bandas, escolas e conservatorios das catro provincias galegas. Os seus directores son: Carlos Diéguez, David Llano e Quique Lagares. 

No programa de concerto desta xira destaca a interpretación e edición de obras de compositores galegos menores de 23 anos, como é o caso de Carme Rodríguez, de Ribadeo, e de Manuel Vázquez, de Cea; a participación como solistas dos galardoados no concurso Proxectando sons (Jaime Estévez co saxo alto e Iván Carballal co bombardino); ou tres pezas que teñen unha conexión especial cos auditorios onde...

leer más
Etiquetas:
31/07/2019

O grupo Astarot actuará en Lourenzá o día 5 de outubro, sábado, dentro do programa da vixésimo novena edición da Festa da Faba.

O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, anunciou hoxe que “o grupo de rock galego Astarot actuará o sábado 5 de outubro en Lourenzá con motivo da celebración da XXIX Festa da Faba. Astarot interpreta en versión rock temas tan coñecidos da música galega como Sementeira, Meu amor é mariñeiro, Lela, Negra Sombra, O tren, etcétera”.

Manuel Arango destaca que “este concerto, coma todos os que teñen lugar durante a Festa da Faba, será con entrada gratuíta”.

 

Etiquetas:
23/07/2019

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves, días 25, ás 20:30 horas no parque de San Francisco, aínda que se houbese mal tempo trasladaríase ao Teatro. O director da Banda, David Ballester, destaca que vai ser un concerto especial porque en dúas pezas tocarán alumnos e alumnas da Escola de Municipal de Música e Danza de Ribadeo e porque se cumpren dez anos da súa primeira actuación ao fronte da Banda ribadense.

David Ballester explica que “chegada a data do 25 de xullo, a Banda Municipal de Música de Ribadeo, como non podía ser menos e xa é tradición, vai facer o concerto do Día da Patria no parque de San Francisco ás oito e media da tarde”.

O director da Banda de Ribadeo salienta que “vai ser un concerto un pouco especial porque, ademais de como facemos...

leer más
Etiquetas:
12/07/2019

Budiño actuará o 3 de agosto en Burela na Feira do Bonito, declarada de interese turístico nacional hai uns días. O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñou que o obxectivo do equipo de goberno é apostar polos artistas galegos para esta cita. 

O edil burelés anunciou que “para a Feira do Bonito deste ano, que é a número trinta e cinco e que como sempre organiza Ledicia coa colaboración do Concello, decidimos traer a un artista moi representativo de Galicia, un gran artista ademais e diferente. Trátase de Budiño”.

José Díaz explicou que “é un compositor bastante atípico porque mestura a tradición galega con sons máis contemporáneos. Ten unha personalidade propia e moitos seguidores. Fai bastante tempo que non actúa pola nosa zona e pensamos que é unha boa idea para reforzar a programación cultural e musical...

leer más
Etiquetas:
10/07/2019

O teatro Pastor Díaz de Viveiro será mañá o escenario dun novo concerto do ciclo “Sons do tempo”. Esta actuación que corre a cargo do grupo LucusEnsemble, e forma parte dun proxecto para promover o estudo e a difusión da música medieval que promove a Deputación de Lugo.A cita será ás 20:30 horas, e a entrada é gratuíta ata completar aforo.

A mostra O Son do Tempo enmárcase nun proxecto máis ambicioso do Goberno da Deputación para a recuperación o noso patrimonio cultural. O obxectivo desta iniciativa é o estudio, a divulgación, o préstamo de pezas, así como a promoción da música medieval para o público en xeral nos 67 Concellos da provincia.

Esta cita contribúe a poñer en valor as nosas tradicións e a nosa cultura, como neste caso, os sons medievais tan arraigados na nosa historia. Paralelamente a estes concertos...

leer más
Etiquetas:
13/06/2019

O grupo de pop-rock da Escola Municipal de Música de Burela dará un concerto este venres, día 14, que terá lugar na Praza da Mariña e dará comezo ás 20:00 horas.

O edil de Cultura, José Díaz, convida a tod@s a asistir a esta cita na que se poderá apreciar o traballo dunha das formacións da Escola de Música.

 

Etiquetas:
08/05/2019

Este sábado, 11 de maio, ás oito da tarde terá lugar un concerto da banda de gaitas Sons da Chaira. Será na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e enmárcase nos actos  do XXV aniversario da EMMeD. 

Esta xove banda de gaitas fundada no ano 2014, está dirixida por Brais Monxardín e Miguel Anxo López "Chino",  e fórmana uns 35 compoñentes pertencentes ás Escolas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.

Pese á súa curta vida, participou nos anos 2016 e 2017 no Festival de Ortigueira así como en actuacións en numerosas cidades do país. No ano 2018 foi seleccionada para representar a Galicia no prestixioso Festival Intercéltico de Lorient (Francia), onde acadou unhas inmellorables críticas pola súa calidade musical.

O repertorio de Sons da Chaira baséase na interpretación,...

leer más
07/05/2019

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas o sábado 18 de maio no Teatro ás 20:30 horas. Das oito pezas que interpretará tres delas son estreas e algunhas contarán con narración a cargo de Toni Deaño.

O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue coa súa programación anual e desta volta, coa proximidade das Letras Galegas, o sábado 18 de maio ás oito e media no Teatro terá lugar o tradicional concerto para conmemorar ese día”.

David Ballester explica que “neste concerto, como non podía ser menos, nós faremos esa homenaxe ás Letras Galegas, ás nosas letras musicais, e interpretaremos diferentes tipos de música galega, tanto muiñeiras como xotas e pasodobres. Tamén haberá tres das obras que imos interpretar que irán con...

leer más