Callo Fest
A asociación cultural Amigos da Troula organiza, en colaboración co Concello de Cervo, a sexta edición do Callo Fest, o venres 27 de decembro. Trátase dun festival máis que consolidado no panorama musical da Mariña nunhas datas tan sinaladas como o Nadal, que serve, tamén, como un ensaio das badaladas de fin de ano, explica o Concello de Cervo, que tamén anuncia que “o principal cabeza de cartel desta edición será o grupo Me Fritos And The Gimme Cheetos, un grupo que nace no ano 2016 para facer versións das mellores cancións a ritmo de punk-rock melódico, con moitas ganas de facer festa”.
O Concello de Cervo engade que “outro dos principais alicientes desta cita será o grupo portugués Foo Riders, tributo do mítico grupo americano de rock alternativo Foo Fighters, que interpretarán sobre o escenario temas clásicos da banda, que conta con...
leer más