Gaitas
O 15 de maio ás 20:00 horas a gaiteira Susana Seivane ofrecerá no Auditorio Municipal de Burela un concerto para presentar "Dende o meu balcón", o seu 6° disco que supón o retorno ao substrato ancestral sobre o que construíu a súa carreira e que ten como fío condutor a riqueza do patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición.
Esta volta á orixe xurde a partires dun proceso onde a nosa identidade artellou unha catarse colectiva para miles de persoas no mundo a través da interpretación de Susana Seivane dos temas recollidos no disco durante cada noite do confinamento. Inconscientemente a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia e precisamente o descubrimento desta condición foi o que a levou a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico. O repertorio de...
leer más