Concerto

Etiquetas:
20/04/2022

A Escola de Música de Foz organiza un concerto solidario a favor de Ucraína que se celebrará o vindeiro domingo, 24 de abril.

A actuación, baixo o título Música para Ucraína, correrá a cargo da Aula Coral a partires das 17:30 horas e terá lugar na igrexa parroquial.

As doazóns solidarias recadadas irán destinadas a favor de ACNUR e as aportacións á fila O pódense facer en La Caixa (ES42 2100 2262 1602 0028 6870) e a través de Bizum co código de ingreso 02971. Como concepto hai que indicar: Ucraína concerto solidario Escola de Música de Foz.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.

 

Etiquetas:
05/04/2022

A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a súa actividade co concerto de Semana Santa, que se celebrará o mércores 13 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

O director da formación David Ballester, anuncia que “despois de que a Banda non puidese celebrar o concerto Aquí como en Viena, que tíñamos preparado en decembro do ano pasado, porque daquela había un número importante de casos de Covid na nosa vila, retomamos agora a actividade, esperemos que coa maior normalidade posible, co concerto de Semana Santa. Celebrarase o mércores 13 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial”.

David Ballester agradece “tanto á asociación Amigos da Semana Santa como ao párroco de Santa María do Campo a súa disposición a celebrar alí o concerto”.

O director da Banda...

leer más
Etiquetas:
04/04/2022

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro xoves, 7 de abril, ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz un concerto de presentación do último disco de Ugia Pedreira.

O traballo, titulado Segmento Cantábrico, mistura spoken word, poesía e canción; un álbum de composición folk, de folk progresivo, que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano.

Ugia Pedreira, como todos vos sabedes é unha das voces máis recoñecidas da musica galega actual. Nada en Vilaronte, A Mariña marca absolutamente a súa música.

Etiquetas:
31/03/2022

Este domingo, 3 de abril, segue en Cervo o ciclo a Caixa de Música.

Abya Yala Ensemble é un grupo de música jazz & fusión latinoamericana, que ten como obxectivo achegar á comunidade o material sonoro de América Latina.

O concerto terá lugar o próximo domingo, 3 de abril, na Praza do Souto, de Cervo, ás 13:30 horas.

Etiquetas:
24/03/2022

Este domingo, 27 de marzo, a agrupación musical lucense Lucus Ensemble, ofrecerá o concerto «Notas Femininas» no que repasará o papel da muller na historia da música. 

A Concellería de Igualdade de Barreiros pecha así o ciclo de actos organizados este mes de marzo dedicados á muller dentro do programa “Barreiros con M de Mulleres”.

A actuación terá lugar ás 19.00 horas nos colexios vellos de San Miguel con entrada libre e ata completar aforo.

 

Etiquetas:
09/03/2022

Segmento Cantábrico así se titula o primeiro disco en solitario de Ugía Pedreira, que arrincará xira este sábado, 12 de marzo, en Ribadeo no auditorio municipal Hernán Naval. O evento foi presentado este mediodía no miradoiro da área recreativa da Illa Pancha por Ugía Pedreira e pola concelleira de Cultura, Pilar Otero.

A edil declarou que “imos ter a sorte de contar con Ugía Pedreira, este sábado, en Ribadeo. Convido a todo o mundo a que veña a escoitar esta marabillosa voz, como a chamou o meu ex compañeiro Farruco Graña, a serea do Cantábrico. Eu creo que vai ser unha marabilla. Temos a sorte de que estea por aquí e de que nos poida deleitar”.

Pilar Otero dixo que “este concerto coa nova proposta (logo de 12 discos gravados e despois de ser voz de Marful, Nordestin@s, Acróbata ou Ecléctica Ensemble) xa vén...

leer más
Etiquetas:
28/01/2022

A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o 19 de marzo ás 20:00 horas.

Nesta actuación presentarase o terceiro álbum do grupo, titulado As catedrais silenciadas, que é quizais a obra que mellor reflicte a esencia do encontro de Xabier Díaz coas Adufeiras e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade. 

As catedrais silenciadas son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiráns. Un disco que está a cultivar os mellores datos históricos para o proxecto Tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e a entrada na sección Top of the World da prestixiosa revista Songlines (númerode agosto-setembro de 2021) na que os editores escollen os dez mellores discos de cada mes...

leer más
Etiquetas:
31/12/2021

O grupo de voces Sons de Celeiro actuará este domingo, 2 de xaneiro, ás 17:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A entrada a este concerto é gratuíta, pero a reserva é imprescindible para asignar o número de butaca. Pedirase certificado covid na entrada.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es.

Organiza o Concello de Viveiro. 

Etiquetas:
27/12/2021

Debido á evolución da pandemia de Covid a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidiron cancelar o concerto Aquí como en Viena, que estaba programado para mañá, martes, no auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “moi ao noso pesar, a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidimos cancelar o concerto Aquí como en Viena previsto para mañá, debido á situación actual que está atravesando o noso concello. Consideramos que é o máis prudente e o máis lóxico nestes momentos porque o primeiro de todo é a seguridade dos músicos e do público, co cal tomamos esa decisión”.

David Ballester engadiu que “isto non quere dicir que non poidamos celebrar o concerto máis adiante, esperando que esta...

leer más
Etiquetas:
25/12/2021

A organización anuncia o adiamento do concerto de La Porteña Tango.

A actuación ía ter lugar este domingo, 26 de decembro, e adíase por causas alleas ao Concello de Ribadeo. Segundo comunica a organización a cancelación do espectáculo débese a problemas derivados da situación sanitaria da pandemia de Covid e lamenta ter que aprazar o espectáculo.

O concerto de La Porteña Tango queda aprazado ao 2 de abril de 2022 e terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.

As persoas que tiveran adquirido entradas para este vindeiro domingo teñen a opción de mantelas para a nova data ou solicitar a devolución do importe das mesmas, para o cal desde a organización se poñerán en contacto con elas.