Concerto
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, o vindeiro martes, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. A entrada é de balde ata completar o aforo, pero para asistir é obrigatorio presentar o certificado de vacinación contra o coronavirus.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “chegadas as datas do Nadal temos, como non podía ser menos, o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo Aquí como en Viena, que celebraremos o martes 28 de decembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval. Vai ser un concerto con dúas partes: a primeira un pouco máis lúdica e amena, con obras que seguramente coñeza bastante o público asistente; e unha segunda parte dedicada a Viena, con polcas e valses típicos, que se soen interpretar...
leer másO Concello de Cervo programa un concerto de Nadal que se celebrará este martes, 21 de decembro.
Este concerto correrá a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20:30 horas.
A actuación inclúese no ciclo A Caixa de Música, organizado pola delegación de Cultura do Concello de Cervo, que se iniciaba o pasado mes de outubro e que ofrece diversos concertos de música clásica e de bandas en diferentes puntos do municipio.
O Concello de Cervo programa un concerto de Carlos Mariano que se celebrará este sábado, día 18 de decembro, ás 20:30 horas na praza do Souto.
O cantante presentará Las canciones de tu vida, un repaso aos éxitos nacionais das últimas décadas.
Esta actuación inclúese no ciclo O Son do Nordeste, organizado pola área de Cultura do Concello de Cervo. Haberá un sistema de calefacción baixo a carpa do Souto.
O Concello de Cervo programa para este domingo, 28 de novembro, o concerto que ofrecerá a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro. A actuación terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián ás 13:30 horas.
Este concerto inclúese no ciclo A Caixa de Música que o Concello de Cervo inauguraba o pasado mes de outubro e que se desenvolverá, en diferentes puntos do concello, con varias actuacións de música clásica e de bandas ao longo dos vindeiros meses. Este ciclo pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos celebraranse en fins de semana e festivos á hora do mediodía.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 24 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.
Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Piazzolla ata música popular galega. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 18 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.
O Concello de Cervo organiza o concerto de Los Alcántara que se celebrará este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar na praza do Souto, ás 21:00 horas.
Este concerto forma parte do ciclo O Son do Nordeste que levará, ata o vindeiro mes de decembro, varias actuacións de grupos con diferentes estilos de música en distintos emprazamentos do concello.
Los Alcántara ofrecen versións de cancións españolas das décadas dos 60 e os 70.
A Concellería de Cultura de Burela programa un concerto do grupo Música Miúda este sábado, 23 de outubro, para conmemorar o Día das Bibliotecas que se celebra o 24. Terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 18:00 horas con entrada libre.
Música Miúda é unha banda de música infantil e contacontos, nacida no ano 2019, formada por Irene Quintero, Miguel Alonso e Oscar Martínez, mestres e músicos. Eles interpretarán cancións propias para público infantil a partir de 3 anos.
No concerto deste sábado ofrecerán unha recompilación dos temas da banda nun formato eléctrico, voces, guitarras, percusión e baixo, coa incorporación de Manu Pazos. Neste espectáculo danse a man os dous contacontos musicais deste proxecto, Historias de Bemol Pequeno e Cambia o conto. A meiga Xela, o dinosaurio Pepón, Antía Carapuchiña, o...
leer másA cedeirense Guadi Galego presentará o seu último traballo discográfico "Costuras" o 11 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Burela.
"Costuras" aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador onde a autora se mostra tal como é.
Tres colaboracións compoñen o disco: Coas poetisas Antía Otero e Marina Oural e coa cantante catalá Paula Grande. A produción musical a cargo de Olivera Estudi dá un novo aspecto ás creacións de Guadi entrando en campos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica creando texturas únicas.
Entradas para o concerto proximamente á venda.
O Concello de Cervo programa para este venres, día 3 de setembro, a actuación de Dani Royo&Versions Band. Terá lugar na praza do Souto a partir das 21:30 horas.
Esta banda versiona en español éxitos de todos os tempos, desde a década dos 80 ata a actualidade. Inclúe no seu repertorio temas de Manolo García, Maná ou La Guardia, entre outros.
Este concerto fora aprazado, no seu día, a causa do mal tempo.
A Coral Polifónica de Ribadeo celebra un novo concerto solidario a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. Será este mércores, día 1 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro de Ribadeo.
A entrada solidaria é ao prezo de 5 euros e a venda realizarase o mesmo mércores, en horario de 12:00 a 14:00 horas e dende as 19:30 h.
A Coral Polifónica de Ribadeo quere agradecer a todas as persoas que asistiron ao concerto solidario celebrado o pasado xoves. A limitación de aforo fixo que as entradas non chegaran para todos polo que decidiron facer este novo concerto que terá lugar mañá, 1 de setembro.
O Concello de Ribadeo colabora na organización deste evento.