Na Casa da Cultura de Alfoz pódese visitar a exposición "Cartas de Amor" ata o 25 de xaneiro. Alude á violencia de xénero. Está organizada pola Concellería de Igualdade e Benestar.

Na Casa da Cultura de Alfoz pódese visitar a exposición "Cartas de Amor" ata o 25 de xaneiro. Alude á violencia de xénero. Está organizada pola Concellería de Igualdade e Benestar.
 
Ata o 25 de xaneiro pode visitarse na Casa da Cultura de Alfoz a exposición "Cartas de Amor" sobre a violencia de xénero. En horario de luns a venres de 16 a 20.30 e polas mañás en horario da cafetería, excepto os xoves.
 
Con esta exposición “preténdese establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella, e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas”, explican desde a Concellería de Igualdade e Benestar.
 
E engaden que “para iso propúxoselles a debuxantes que plasmasen nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. Deste xeito, amósanse traballos dos dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayund, e de cómic, Paco Roca, no ano 2009; así como figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán. Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente máis nova, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Ademáis o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes”.
 
"Cartas de amor" invita a reflexionar, a escoitar o que os corazóns din, pero sempre pensando no respecto e na liberdade das persoas que están ao noso carón. Organiza a Concellería de Igualdade e Benestar xunto co Concello de Alfoz.