Club

Etiquetas:
01/08/2024

Do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de agosto todos os nenos e nenas nacidos a partir de 2014 teñen unha cita no Club de Remo de Ribadeo.

Este curso de iniciación ao remo impartirase das 10:30 ás 12:30 horas e, para poder participar, os pequenos e pequenas deberán saber nadar e ser de Ribadeo ou arredores. O seu prezo é de 30 euros.

Para calquera dúbida ou reserva, está dispoñible o número de teléfono 660 82 86 28.

 

Etiquetas:
21/11/2023

Este mércores, 22 de novembro, terá lugar no salón de actos do Concello de Viveiro ás 19:30, a III edición do Club de Lectura en Feminino, dinamizado por Estíbaliz Veiga. 

Esta reunión contará coa presenza da autora Leticia Costas, co seu libro "Golpes de Luz", sendo parte da programación municipal con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero

Aínda que esta xuntanza será presencial, o club leva desenvolvéndose en liña dende o pasado día 26 outubro, co apoio dos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero 2023. Estará en funcionamento ata o vindeiro 30 de maio de 2024

 

Etiquetas:
15/06/2023

Chega unha nova edición da Escola de Verán de Remo 2023 do Club de Remo de Celeiro.

O horario para as categorías inferiores (de 8 a 18 anos) será luns, mércores e venres de 11:00 a 12:30 

E para as categorías superiores (de 19 a 55 anos) será luns, mércores e venres de 20:00 a 21:00 horas 

Actividade física ao aire libre:

- Remo 

- Xogos de agua 

- Xincanas 

- Obstáculos

- Actividades na praia e no Club 

ROUPA NECESARIA: 

- Traxe de baño

-Escarpines

-Roupa deportiva e unha muda

-Unha gorra (opcional)

-Unha toalla 

POR SÓ 20€

Contacto: +34 697 21 91 87 / + 34 670 37 08 32 

Correo electrónico: colectivochilindrin@gmail.com 

Desde o Club de Remo de Celeiro sinalan que “se che gusta e queres...

leer más
Etiquetas:
19/05/2023

A Concellaría de Cultura, a través da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, pon a andar a creación dun Club de Lectura, para promover a animación e o fomento da lectura en Ribadeo. 

A edil Pilar Otero dixo que “un Club de Lectura é un grupo de persoas que se reúnen periodicamente para poñer en común os libros que, previamente, se leron de maneira individual. Os beneficios de participar nesta actividade son múltiples: fomenta a relación cos libros e a aprendizaxe colectiva e afianza a motivación cara á lectura e á adquisición de coñecementos”.

A concelleira de Cultura explicou que “sendo membros dun Club de Lectura, explóranse xéneros literarios, temáticas e autoras ou autores que por propia iniciativa non sopesariamos. A nivel persoal, promove a empatía e potencia a confianza e a autoestima. Polo xeral, as...

leer más
Etiquetas:
16/02/2022

Libraría Bahía de Foz organiza o club de lectura A Carón dos Libros que comezará a funcionar no mes de marzo.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na propia Libraría Bahía, na Avenida A Mariña, 40. A cota será de 10 euros mensuais cos que se pretenden sufragar parcialmente as actividades que se desenvolvan.

Este club de lectura estará dirixido por María Liñeira, doutora en Filoloxía con experiencia docente na universidade, con quen se celebrarán reunións mensuais para comentar os libros recomendados. Ademais realizaranse actividades complementarias, como a visita de autores e autoras ou encontros con outros clubs de lectura.

As actividades deste club darán comezo o 3 de marzo ás oito e media da tarde co libro Azucre de Bibiana Candia, autora que probablemente participe...

leer más
Etiquetas:
05/02/2022

A área de Muller e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro poñen en marcha un Club de Lectura ‘En Feminino’, pero aberto ao público en xeral sempre que sexan persoas maiores de idade e ata un máximo de 15.

O club realizarase de maneira telemática por zoom e con reunións presenciais puntuais, dando comezo o día 23 de febreiro para conmemorar o Día de Rosalía.

Celebraranse dúas sesións por mes, desde febreiro ata xuño, cunha duración de dúas horas cada unha e impartidas por Estíbaliz Veiga, actriz e pedagoga teatral.

“Encadramos esta iniciativa dentro das actividades programadas para o 8 de marzo; ademais, formamos parte da rede de Bibliotecas en Igualdade para recuperar os textos de mulleres escritoras e darlles o lugar na historia que se merecen por dereito”, explica a...

leer más
Etiquetas:
01/10/2021

O xoves, 7 de outubro, o Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz reanuda as súas xuntanzas en torno a un libro que se elixe entre todos os integrantes e que se vai alternado entre obras en castelán e galego. 

As persoas interesadas en inscribirse poden informarse no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (extensión 2) posto que antes do comezo de cada novo libro se poderán incorporar novos membros. 

As reunións son os xoves, cada quince días, ás 19:00 horas e teñen unha duración aproximada de 1 hora. Fálase do libro e con esa escusa de moitos outros temas aos que nos leva a súa lectura, as personaxes, a historia ou o lugar onde se desenvolve.

Comeza cada lectura investigando sobre o autor ou autora e a obra, a cal se lee en varias partes que se tratan en cada reunión. Ao remate...

leer más