Alfoz
A Concello de Alfoz prepara as instalacións da biblioteca municipal de cara a súa apertura ao público a partir do luns, 18 de maio, tralo seu peche pola crise do Covid-19.
Entre as medidas levadas a cabo para garantir que as instalacións cumpran os criterios de seguridade destacan a limpeza, ventilación e desinfección diaria do edificio (entrada principal, acceso, biblioteca e baños) e equipos de traballo; a colocación dunha mampara de separación na mesa de traballo da bibliotecaria; a colocación de xel hidroalcohólico na entrada da biblioteca e a entrega de máscaras para os usuarios/as que carezan delas.
Ademais reorganizáronse as áreas de acceso e circulación da biblioteca, marcando as distancias de seguridade e habilitando un espazo para depositar libros e demáis materiais devoltos polos socios/as, que pasarán...
leer másA Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca os Certames On Line de Relatos Curtos e Debuxo Letras Galegas 2020. O prazo de presentación de traballo remata o 10 de maio.
Establécense nos dous casos tres categorías: ata 2º curso de primaria; de 3º a 6º de primaria; e secundaria.
A temática do relato será libre e poderá ter como máximo unha extensión de 10 páxinas. Letras Galegas e Galicia é a temática elixida para o concurso de debuxo. Os traballos deben ser remitidos a asociación.ocastelo@gmail.com No correo electrónico débese indicar o nome e apelidos do autos, o curso, o centro no que cursa os seus estudos e o teléfono de contacto. Tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante e o número do seu DNI.
Poderanse presentar...
leer másVIA Alfoz organiza a sexta edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O evento levarase a cabo o vindeiro domingo 8 de marzo ás 12:30 horas nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro, “estando convidados todos os veciños e veciñas que libremente queiran participar neste acto que se iniciou de forma espontánea en 2015” tal e como apuntan desde VIA Alfoz.
Efegenia Maseda, Presidenta de VIA Alfoz, será este ano a encargada de ler un manifesto enxalzando o enorme traballo das nosas mulleres, recordando que o evento realízase “coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que traballaron por este concello, e ás que están a loitar polo futuro do seu pobo onde queren poder seguir traballando”.
... leer másAlfoz celebrará o seu desfile de entroido, o luns 24 de febreiro, ás 21:30 horas nas categorías infantís e ás 22:15 h. nas de adultos.
As inscricións anticipadas poden facerse en asociación.ocastelo@gmail.com ata o día 23 ou presentarse o mesmo día do desfile ás 20:00 horas.
Haberá premios, nas categorías Infantil (ata 14 anos) Individual: 40€ para o primeiro, 30€ para o segundo e 20€ para o terceiro; en Parellas: 60€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro; e Grupos: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro. En Adultos Individual: 70€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 30€ para o terceiro; Parellas: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro; e Grupos: 150€ para o primeiro, 100€ para o segundo e 70€ para o...
leer másAlfoz prepara diversas actividades o luns, 24 de febreiro, para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Dende a área de igualdade levarase a cabo a exposición “Rosa, rosa… Rosalía”, na que se incluirá a súa biografía e obra, poñendo en valor a figura da poetisa como referente de muller pioneira do feminismo na literatura.
Ademais, conxuntamente coa área de cultura, realizarase de 10 a 12 horas, na biblioteca municipal, un obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Os participantes elaborarán diferentes ilustracións de Rosalía, e un mural xigante en 3D que se incorporará á exposición e elaborarán poemas con pictogramas a partir de poemas musicados de Rosalía e cadansúa chapa coa imaxe da poetisa.
Os interesados en participar no obradoiro creativo...
leer másAlfoz pon en marcha este mes de febreiro, e durante todo o ano, un Ciclo de Cine onde se proxectarán dúas películas cada mes, unha infantil e outra para público adulto (ou para todos os públicos), que abarcarán diferentes xéneros.
Así no mes de febreiro serán películas románticas, dando comezo o venres 14 coa película “Un paseo por las nubes” e o sábado 22 coa película “Shrek”. Os pases serán no Salón de Actos ás 19.00 horas e a entrada é gratuíta.
De este xeito trátase de ampliar a oferta cultural do concello, aproveitando a capacidade comunicadora do cine para conectar con tódolos públicos e trasladar diferentes problemáticas, promovendo unha reflexión e o pensamento crítico ao tempo que se dinamiza a vida cultural do Concello de Alfoz.
Á iniciativa, que parte da Concellería de Cultura...
leer másO Concello de Alfoz organiza distintas actividades de Nadal dentro do programa ‘Nadal en Igualdade’ durante o domingo 22 e luns 23 de decembro no Castelo do Castro de Ouro. Dende as 16.30 horas ata as 18.00 horas haberá actividades infantís para nenos e nenas de distintas idades, onde realizarán xogos e obradoiros creativos, como por exemplo un obradoiro de ilustracións de contos que terá lugar o domingo 22.
Ase mesmo, durante os dous días permanecerá instalada unha Gran Bola de Neve a modo de ‘photocall’ onde poder realizar as fotos de Nadal no entorno do Castelo do Castro de Ouro.
Ademais o luns 23 ás 18.30 horas terá lugar a entrega de premios e diplomas do XVII Concurso de Postais de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Alfoz, na que coñeceremos ás tres postais gañadoras que serán reproducidas como...
leer másO libro “Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro” de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, foi editado coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz. Trátase dun amplo compendio do patrimonio de todo o Val do Ouro organizado por parroquias tanto do Concello de Alfoz coma do Concello do Valadouro.
A presentación terá lugar o venres, 20 de decembro, ás 18.00 horas, no Castelo do Castro de Ouro de Alfoz, coa presenza de Pilar García Porto, representante da Deputación Provincial de Lugo; Jorge Val Díaz, alcalde de Alfoz; os autores do libro, así como os numerosos colaboradores e colaboradoras neste gran traballo, editado en 2 tomos, de investigación e recuperación cultural, histórica e artística.
Sobre os autores:
Isaac Ferreira (O Valadouro, 1946). Autor...