Alfoz

Etiquetas:
09/07/2018

O 29 de xullo celebrarase en Alfoz a I Baixada de Carrilanas Castelo de Castro de Ouro.

É unha proba puntuable para o Campionato Galego e dará comezo ás 15:00 horas coas verificacións administrativas.

Ás 16:00 terá lugar o inicio da proba desenvolvéndose os adestramentos, a primeira manga cronometrada, a segunda manga cronometrada e exhibición.

Ás 20:00 horas será a entrega de premios. Pode obterse máis información en www.fedei.com. 

Organiza a Asociación Cultural Xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello de Alfoz. 

Etiquetas:
03/07/2018

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, acompañados de ducias de veciños, inauguraron un novo aparcadoiro de autocaravanas, que financiou a Deputación con 36.000 euros en terreos de titularidade municipal. Ten capacidade para 40 vehículos e atópase na parroquia de San Pedro de Mor. Trátase da única instalación desta natureza na Mariña interior lucense.  

Santos Ramos destacou a importancia desta nova área “para o impulso turístico na zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”.Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz, promovendo o turismo, e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste Concello mariñán”. 

Val Díaz agradeceu a...

leer más
02/07/2018

A exposición de acrílicos ‘Xurucido e Marquesado: Os zoqueiros de Valadouro’de Xosé Blanco, poderá visitarse na primeira planta do Castelo do Castrodouro durante todo o mes de xullo.

A mostra, composta por 15 obras, amosa unha recreación e interpretación do proceso e das ferramentas empregadas para a elaboración das zocas polos zoqueiros Eliseo Expósito “Marquesado”, natural de Recaré e o seu compadre e amigo Xosé Blanco Ares “Xurucido”, de San Tomé, avó do autor.

Sobre a obra
O autor, veciño da parroquia de Adelán de Alfoz, é fillo e neto de zoqueiros e explica o sentido da súa exposición nas seguintes liñas: 

En verbas do etnógrafo e escritor ourensán Xaquín Lourenzo “Xocas” o oficio de zoqueiro é un “Oficio moi sinxelo, que non precisa ferramenta, case todos os campesiños foron...

leer más
Etiquetas:
02/06/2018

O Pico da Frouxeira acollerá unha recreación histórica o día 8 deste mes, venres. O acto, que é para todos os públicos con entrada gratuíta, comezará ás 21 horas, pero o público debe estar no lugar con media hora de antelación como mínimo porque o acceso ao escenario da representación pecharase 30 minutos antes do inicio do evento. Titúlase A historia cobra vida na Frouxeira e está organizado polos concellos de Alfoz e Foz.

Ese mesmo día, pero ás 11 e media da mañá, na Frouxeira haberá outra recreación histórica, pero neste caso dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Alfoz e Foz.

Os organizadores explican que se trata dun acto dos concellos de Foz e Alfoz para a promoción da Frouxeira, iniciativa que se suma á sinalización dunha ruta e dun miradoiro nese lugar, actuación que conta...

leer más
Etiquetas:
24/05/2018

O grupo Batuko Tabanka, integrado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense, actúa en Alfoz no marco da xira por concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para promover a interculturalidade e a inclusión. Será no Castelo de Castrodouro o sábado 26 de maio, ás 19 horas, na xornada seguinte ao Día de África. O concerto complementa a mostra fotográfica ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’ e unha exposición da ONG Mans Unidas sobre a muller e a niñez en África que inauguraranse o mesmo día as 18.45 horas e poderán visitarse durante o mes de xuño no mesmo espazo.

A emigración, a identidade ou a situación da muller son algunhas das cuestións que centran os temas de Batuko Tabanka, que tamén ofrecerá unha charla introdutoria na súa actuación. A agrupación reivindica a música tradicional de Cabo Verde ao...

leer más
Etiquetas:
10/05/2018

A actividade terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Os destinatarios son familiares e coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral.

O obradoiro será impartido por María Olga Roca Bergantiños, enfermeira supervisora da EOXI de Lugo.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no departamento de Servizos Sociais do Concello de Alfoz ou chamando ao número de teléfono 982 55 80 01.

Os asistentes a este obradoiro recibirán un certificado que acredite a súa participación. 

 

Etiquetas:
29/04/2018

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso básico de apicultura en Alfoz.

A actividade, que terá lugar os días 26 e 27 de maio, desenvolverase na Casa da Cultura de Alfoz.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 981 508 142, ou na web www.apiculturagalega.es e info@apiculturagalega.es.

Este curso é de balde para socios/as de AGA, e para o resto o prezo é de 50 euros. Colabora o Concello de Alfoz.

13/04/2018

Dende este sábado, 14 de abril, a segunda parte da Exposición Itinerante ‘Percorridos pola colección Numismática do Museo Provincial de Lugo’ poderá visitarse gratuitamente na sala de exposicións do Castelo Castrodouro de Alfoz, ata o 21 de maio de 2018.

Nesta segunda parte o visitante poderá coñecer o estudo das moedas modernas e contemporáneas que establecen un marco cronolóxico dende o s. XVI ata a actualidade.

O monetario do Museo Provincial de Lugo supera as 8.000 pezas e dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, coas exposicións itinerantes a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías  preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática.

Etiquetas:
13/04/2018

El 13 de mayo tendrá lugar el I Descenso en Kayak Río Ouro, Asociación A Comparsa de Alfoz-Valadouro.

El precio de la inscripción es de 25 euros, e incluye seguro, autobús, kayak, remos, chaleco salvavidas, monitor, bocadillo y bebida. Las plazas son limitadas e las personas interesadas pueden anotarse en los números de teléfono 646 242 813 (Silvia) e 627 735 827 (Nayara).

La salida será a las 11:00 horas, desde la explanada de la depuradora de Carballido (Alfoz), en autobús hasta el punto de salida de la actividad. A las 11:15 h. se procederá a la entrega de material y disposición de los kayaks, y a las 11:30 horas comenzará el descenso. A la llegada se les entregará a todos los participantes un bocadillo y una bebida.

Organiza la asociación Os Fandangueiros, y colaboran los Concellos de...

leer más
Etiquetas:
12/03/2018

O pasado sábado, día 10 de marzo, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, celebrouse a gran final do I Certame de Curtas de Alfoz e O Valadouro, á que concorrían os 8 filmes finalistas. Decidíronse tres premios, coa axuda do público e dun Xurado formado por tres cineastas da Mariña: Miguel García, de Mondoñedo; Xacio Baño, de Xove, e Matías Niceza, de Burela. Asistiron moitos participantes, que chegaron das catro provincias de Galicia, pois un dos requisitos do Certame é que o cine presentado fora en galego. Participaron no certame diversos centros educativos, así como cineastas individuais. Houbo varios xéneros cinematográficos representados, dende as películas de animación ata os documentais e os filmes de ficción. Os Xurados destacaron a calidade dos traballos presentados. Estiveron presentes os Alcaldes de varios concellos mariñáns. Os...

leer más