O Concello de Alfoz organiza distintas actividades de Nadal dentro do programa ‘Nadal en Igualdade’ durante o domingo 22 e luns 23 de decembro no Castelo do Castro de Ouro. Dende as 16.30 horas ata as 18.00 horas haberá actividades infantís para nenos e nenas de distintas idades, onde realizarán xogos e obradoiros creativos, como por exemplo un obradoiro de ilustracións de contos que terá lugar o domingo 22.
Ase mesmo, durante os dous días permanecerá instalada unha Gran Bola de Neve a modo de ‘photocall’ onde poder realizar as fotos de Nadal no entorno do Castelo do Castro de Ouro.
Ademais o luns 23 ás 18.30 horas terá lugar a entrega de premios e diplomas do XVII Concurso de Postais de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Alfoz, na que coñeceremos ás tres postais gañadoras que serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz.