Alfoz adapta a Biblioteca Municipal para a súa reapertura. Desde o 18 de maio abrirá de catro a sete da tarde.

A Concello de Alfoz prepara as instalacións da biblioteca municipal de cara a súa apertura ao público a partir do luns, 18 de maio, tralo seu peche pola crise do Covid-19.

Entre as medidas levadas a cabo para garantir que as instalacións cumpran os criterios de seguridade destacan a limpeza, ventilación e desinfección diaria do edificio (entrada principal, acceso, biblioteca e baños) e equipos de traballo; a colocación dunha mampara de separación na mesa de traballo da bibliotecaria; a colocación de xel  hidroalcohólico na entrada da biblioteca e a entrega de máscaras para os usuarios/as que carezan delas.

Ademais reorganizáronse as áreas de acceso e circulación da biblioteca, marcando as distancias de seguridade e habilitando un espazo para depositar libros e demáis materiais devoltos polos socios/as, que pasarán un período de 14 días antes de ser devoltos aos fondos da biblioteca para novos préstamos.

O aforo da biblioteca redúcese para poder manter a distancia de seguridade, sendo 3 persoas adultas e 2 nenos/asas permitidas na zona habilitara para a lectura.

Os usuarios e usuarias poderán consultar as novas normas de uso e servizos da biblioteca nas instalación da mesma e na páxina web do concello www.concellodealfoz.com.