Alfoz dedica o seu Ciclo de Cine de marzo ás mulleres. As proxeccións serán os días 7 e 8 na Casa da Cultura.

O Ciclo de Cine do mes de marzo de Alfoz estará dedicado ás mulleres coa proxección das películas ‘Figuras ocultas’, o sábado 7, e ‘Sing’ o domingo 8 de marzo, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura. 
 
Dúas propostas gratuítas e para todos os públicos que queren converterse nun espazo de reflexión, así como un homenaxe ás mulleres pola súa loita a favor da igualdade. De este xeito, a iniciativa continúa a dinamizar a oferta cultural do Concello de Alfoz ao tempo que promove reflexionar sobre a importancia de romper coas barreiras de xénero e exaltar o papel da muller e a necesidade da igualdade real.
 
Sinopses:
 
‘Figuras ocultas’ é a increíble histora de Katherine Johnson (Taraji P. Henson), Dorothy Vaughn (Octavia Spencer) e Mary Jackson (Janelle Monae), tres mulleres afroamericanas que traballaron para a NASA e foron os cerebros detrás dunha das maiores operacións da historia: o lanzamento á órbita do astronauta John Glenn. O trío visionario rompeu todas as barreiras de xénero e raza para inspirar o gran soño das futuras xeracións.
 
‘Sing’ Buster Moon é capaz de todo para salvar o seu teatro. Sabe que o seu soño está a punto de desaparecer e solo ten unha oportunidade: organizar o concurso de canto máis grande do mundo. Tras varias etapas, quedan 5 finalistas: Mike, un rato con voz suave; Meena, unha elefanta adolescente con medo escénico; Rosita, exhausta nai de 25 porquiños; Johnny, un gorila mafioso; e Ash, unha ourizo punk-rock.