Alfoz

15/06/2021

A vindeira fin de semana terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Os días 19 e 20  desenvolveranse varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.

Nos anos 2018 e 2019 a Mancomunidade de Concellos da Mariña puxo en marcha as audioguías das vilas históricas e portas de entrada ao xeodestino de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro en galego, castelán, inglés e francés e agora en 2021 súmanse ao proxecto as do Castelo de Castro de Ouro en Alfoz e a de Vilanova de Lourenzá, polo momento, só en galego, aínda que proximamente serán...

leer más
Etiquetas:
08/06/2021

O vindeiro 19 de xuño terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Esa fin de semana, os días 19 e 20 deste mes, terán lugar varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.

Con motivo da presentación o próximo 19 de xuño das novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, estes dous concellos xunto aos de Mondoñedo e Ribadeo, á Mancomunidade e á compañía de teatro Chévere poñen en marcha a iniciativa Chévere acompaña as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, acción coa que se pretende poñer en valor e dar a coñecer este...

leer más
Etiquetas:
03/06/2021

O 11 de xuño convocan unha reunión informativa sobre o programa Ludiverán  ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

O prazo de inscrición será do 14 ao 21 de xuño. As actividades están destinadas a nenas e nenos nados de 2009 a 2017. Desenvolveranse do 5 xullo ao 27 de agosto en 4 quendas de 10 a 13 horas de luns a venres (laborables).

Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).

Inscrición: https://drive.google.com/.../1gHX0ev0Az8UHlAsPE1c.../view...

Bases: https://drive.google.com/.../1tkDm6QJ24u598a.../view...

Etiquetas:
02/06/2021

O Concello de Alfoz comunica os cambios no horario de apertura da Oficina de Información Turística, situada no Castelo de Castro de Ouro.

A partir deste venres, 4 de xuño, abrirá de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas os venres, sábados e domingos.

O teléfono é 982 558 578 e a dirección de correo electrónico turismo@concellodealfoz.com

Etiquetas:
18/05/2021

O coñecido actor Serxio Pazos presenta en Alfoz o seu espectáculo Afiando con humor o día 29 de maio, sábado. Será ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.

O aforo é limitado e é necesario reservar as entradas previamente na Casa do Concello (rexistro) ou no teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o 24 ao 27 de maio.

Esta actividade cultural está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
10/05/2021

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, 15 de maio, unha representación teatral e a entrega de premios do Certame das Letras Galegas.

Ás 19:30 horas Teatro dos Quinquilláns representará A pluma viva de Rosalía, dentro da programación teatral en torno a Rosalía de Castro, subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial. A obra é para todos os públicos con entrada libre e aforo limitado.

Ás 20:30 horas celebrarase a entrega de premios do Certame de Debuxos e Narración Letras Galegas 2021 da Biblioteca Pública de Alfoz e a Biblioteca Pública de Lugo. Esta actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

Etiquetas:
23/04/2021

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un certame de narración e debuxo para celebrar o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xela Arias. Os organizadores do concurso animan “aos máis cativos da casa a crear arte na nosa lingua”.

A temática do certame é libre, hai premios para os mellores traballos e divídense en catro categorías: ata 5 anos de idade, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos.

O prazo para entregar o traballos remata o 14 de maio.

Para organizar esta actividade a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
09/04/2021

O Concello de Alfoz organiza actividades infantís na biblioteca municipal e unha representación de monicreques no salón de actos de Cultura o día 24 de abril para conmemorar o Día do Libro.

As actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos serán de 17:00 a 19:00 horas en grupos reducidos. Para participar hai que inscribirse no Concello previamente, do 19 ao 22 de abril. Para obter máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001, extensión 2.

E tamén o sábado 24, pero no salón de actos de Cultura, ás 19:30 horas Trécola Teatro presenta a obra Xogo revolto, un espectáculo de monicreques dirixido a público familiar para celebrar o Día do Libro. A entrada é gratuíta e o aforo limitado.

Etiquetas:
08/04/2021

O Concello de Alfoz convoca o segundo concurso de fotografía, unha nova edición co mesmo formato ca realizada o outono pasado. O prazo de entrega de fotografías estará aberto desde o vindeiro 15 de abril ata o 31 de maio.

Está dirixido a afeccionados á fotografía a partir de 16 anos, que poderán optar aos 3 premios da categoría de mellor fotografía. Cada participante pode presentar 2 imaxes, as cales deberán mostrar a riqueza de Alfoz nos seguintes campos: espazos naturais de interese, de lecer, culturais, etcétera; ou patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico. Os premios son de 300 euro, 200 euros e 150 euros.

Pódense consultar as bases no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/...

leer más
Etiquetas:
06/04/2021

A biblioteca pública de Alfoz convoca os certames de narración e debuxo infantil para celebrar o Día das Letras Galegas 2021. Hai tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos; e de 12 a 16 anos. O tema é “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”.

Os traballos recolleranse na Biblioteca Pública de Alfoz ata o día 24 de maio e as bases están publicadas na páxina web do Concello.