A Biblioteca Municipal de Alfoz convoca o XVII Concurso de Postais de Nadal. O prazo de presentación remata o 13 de decembro.

A Biblioteca Municipal de Alfoz convoca un ano máis o seu tradicional Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar todos os rapaces e rapazas matriculados nos centros educativos do concello (CEIP ou IES) que deberán presentar as súas postais con motivos relacionados co Nadal na Biblioteca Municipal ou en calquera dos centros educativos.
 
A convocatoria establece tres categorías de participación: infantil (de 3 a 5 anos), primaria (de 6 a 12 anos) e secundaria (de 12 a 16 anos). Haberá un premio por cada categoría valorado en 50 euros e, ademais, as tres postais gañadoras serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz.
 
O prazo de presentación das postais rematará o 13 de decembro de 2019 e o fallo do xurado darase a coñecer nos días posteriores.
 
As bases completas do concurso poden consultarse na páxina web do concello www.concellodealfoz.com