Actividades

Etiquetas:
03/04/2017

Un obradoiro de origami, un contacontos e unha xornada lúdica son as propostas do Concellaría de Mocidade e da OMIX para @s máis nov@s durante a vindeira Semana Santa. 

Mozos e mozas a partir de 10 anos poderán acudir os días 10, 11 e 12 de abril en horario de 11:30 a 13:30 horas á Casa da Xuventude a un obradoiro de origami. As prazas son limitadas. A inscrición, que é gratuíta, pode facerse na propia Casa da Xuventude. 

O 10 de abril haberá un contacontos na Biblioteca Municipal a partir das 17:30 horas. Sole Felloza chega a Ribadeo co seu Calendario de contos. A entrada é gratuíta. A actividade enmárcase no ciclo Ler conta moito. 

E o 11 de abril de catro a sete da tarde no parque de San Francisco terá lugar unha xornada lúdica con inchables, carpa multimedia, animación musical e...

leer más
29/03/2017

Coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queren celebrar a chegada da primavera cunha xornada de actividades para pequenos e maiores, que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril, en Mondoñedo.

Desde a organización sinalan que “a partir das 16:30 horas da tarde no Parque do Seminario de Mondoñedo inícianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con diversos talleres de manualidades (en caso de choiva, serán na Casa da Cultura). Dende esa hora haberá tamén xogos tradicionais (chave, tiro da corda, ...) para todas as idades coa colaboración da Delegación de Deportes do Concello mindoniense. Finalmente arredor das 18:00 horas plantarase a árbore no propio parque, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas dedicados á Árbore ou á Natureza durante a...

leer más
Etiquetas:
27/02/2017

O Concello de Cervo programa para o vindeiro mércores 1 de marzo un espectáculo Dance Play. A cita será a partir das 18:00 horas na carpa instalada na Praza dos Campos.

A edil delegada de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, convidou a todo o mundo “a mover o esqueleto na tarde do mércores, nunha actividade que introducimos este ano como novidade, e coa que pretendemos chegar a tódolos membros da familia”.
Caramés concretou que a actividade comezará ás 18:00 horas “a esa hora teremos todo preparado na carpa para a confección de caretas artesanais e máscaras, e xa a partir das 19:00 horas comeza o Dance Play. Ademais haberá inchables e incluso virán a visitar aos pequenos as mesmísimas mascotas de Disney”.

Esta actividade –engadiu- “completa un calendario de Entroido que perfilamos pensando en tódolos...

leer más
Etiquetas:
11/02/2017

O salón de actos do Concello acolleu a presentación da axenda de programación do Entroido no municipio. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García, ademais de representantes da Asociación Airiños do Xunco e da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coas que o Concello colabora na organización do Entroido de Cervo e de San Román de Villaestrofe.

A programación inclúe actividades para tódalas idades e en diferentes puntos do municipio, dende o 25 de febreiro ata o 4 de marzo.

Deste xeito, en Cervo, o sábado 25 de febreiro terá lugar un Play-Back Infantil. Será ás 18:30 horas na Casa do Concello. O domingo 26, celebrase o desfile. Ás 17:00 horas os participantes deberán concentrarse no pavillón de Cervo para inscribirse e a saída está programada para as...

leer más
Etiquetas:
07/02/2017

Esta semana a Librería Bahía, de Foz, acollerá dúas actividades, coma sempre sobre libros e escritores, unha dirixida ao público adulto e outra dirixida ao público infantil.

A primeira actividade é un coloquio co escritor Manuel Portas entorno á súa novela LourenÇo Xograr.  “Titúlase Descubrindo Lourenço Xograr con Manuel Portas, e forma parte do programa de coloquios con escritores que estamos realizando en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco. Será o venres, día 10, ás oito e media da tarde”, explican desde a Librería Bahía. 

E engaden que “a novela é unha recreación da vida de Lourenço, un xograr do século XIII cuxa principal ansia é converterse en trobador, status maior dentro da arte poético-musical da época (a de esplendor da lírica galega ou portuguesa). Na primeira parte, imos coñecendo...

leer más
Etiquetas:
02/02/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, organiza diversos actos con motivo do Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo. Como coincide en mércores, a maioría das actividades terán lugar o sábado 11 de marzo, tal e como se acordou na reunión que mantivo esta tarde a concelleira delegada de Igualdade Pilar Armada, coas diferentes asociacións de mulleres do municipio, que colaboran: Asociación de Mulleres de San Cibrao, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras, e Mulleres en Igualdade. 

Armada recordou “que sempre estamos abertos a escoitar tódalas ideas e propostas que nos queiran facer chegar, e neste caso, entre o Concello e as diferentes asociacións, conseguimos perfilar e consensuar un intenso programa co que pretendemos chegar a tódalas mulleres de Cervo, protagonistas de xeito simbólico...

leer más
Etiquetas:
01/02/2017

O concelleiro de Cultura, José Díaz, fixo unha valoración positiva da xuntanza celebrada onte á noite no Concello con asistencia de representantes da Acia local e de asociacións burelesas para perfilar e ultimar a programación do Entroido que se desenvolverá desde o 24 de febreiro ata o mércores de cinza. Haberá actividades infantís, verbena, importantes premios e o desfile que se traslada ao domingo, 26 de febreiro. Será festivo en Burela este ano o luns, día 27. A maior parte da programación terá coma escenario a grande carpa que se instalará na praza do Concello, e que é outra das novidades deste ano.  

O edil socialista contou que “tuvimos una reunión aquí, en el Concello, a la que asistimos tanto componentes de la propia Delegación de Cultura como de Acia Burela y de otras asociaciones que se acercaron para participar en los actos que...

leer más
24/01/2017
O Concello de Mondoñedo porá en marcha un programa de actividades a desenvolver nos locais sociais das parroquias a partir do mes de marzo.
 
O Concello de Mondoñedo porá en marcha a partir do mes de marzo un programa, baixo o lema ‘Mondoñedo, un Rural Activo’, que engloba diferentes actividades que se desenvolverán no rural mindoniense como alternativa de entretemento aos veciños das diferentes parroquias da localidade.
 
En concreto, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que dende a administración local “deseñamos un proxecto con cinco actividades diferentes, que se adaptan a un amplo abano de gustos” a través das cales, segundo engade a rexedora, “buscamos dinamizar as parroquias e ofrecerlles diferentes iniciativas de divertimento”. 
 
A popular di que “dende o Concello temos moi presente o rural e queremos...
leer más
Etiquetas:
11/01/2017
O 16 de xaneiro da comezo unha nova andaina do programa de actividades de lecer en nove parroquias de Ribadeo, que chega por primeira vez a Cedofeita, Vilaselán e Couxela.
 
O vindeiro luns, 16 de xaneiro, comeza unha nova andaina do programa de actividades de lecer nas parroquias de Ribadeo Aquí… coma de 20!, que chega por primeira vez a Cedofeita, Vilaselán e Couxela.  
 
Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade “con este novo ano comeza unha nova andaina deste programa Aquí… coma de 20!, que iniciabamos no 2013 coma unha proposta piloto e que se foi consolidando neste anos coma unha alternativa de lecer necesaria para o núcleo rural de Ribadeo. O claro aumento na participación e o nivel de satisfacción acadado polas persoas que asisten que asisten ás actividades do programa lévanos a ampliar  o abano de parroquias. Vaise ofertar a actividade por primeira vez en Cedofeita, Vilaselán e Couxela. Un total de nove parroquias se suman xa ás tardes de...
leer más
Etiquetas:
21/12/2016
Obradoiros para nen@s e xoves, teatro, maxia e un musical son algunhas das propostas das que se poderá gozar en Ribadeo. Están organizadas pola Concellaría de Mocidade e pola Omix.
 
A Concellería da Mocidade e a OMIX programan diversas actividades para este Nadal que darán comezo o día 21 cunha táboa redonda sobre o botellón. Ademais desenvolverá ata o día 4 de xaneiro, varios obradoiros para xoves e diversos espectáculos para nen@s de teatro, maxia e un musical.
 
As actividades darán comezo este mércores, 21 de decembro, coa táboa redonda titulada Abordaxe do botellón ante o consumo intensivo de alcohol en xóvenes, que terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Mar. Dirixida especialmente a país e nais, pero en xeral a calquera persoa interesada no tema, contará coas intervencións de expertos en prevención do Hospital da Costa, do Centro de Saúde de Ribadeo, da U.A.D. de Burela e de representantes de forzas e corpos de...
leer más