Actividades

10/05/2016
A Área de Cultura da Deputación de Lugo presenta un amplo abano de actividades pola Semana dos Museos. No Provincial do Mar, en San Cibrao, terán lugar do 17 ao 22 de maio.
 
Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura na Deputación de Lugo, presentou o programa da Semana dos Museos, vinculada á celebración do Día Internacional do Museos, que se celebra o 18 de maio. Xunto a el estiveron tamén Esther López, en representación do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial, e Aurelia Balseiro, Directora do Museo de Lugo.
 
O programa de actividades proposto para este ano 2016 abrangue os catro Museos da Rede Museística e tamén, por vez primeira, o CENTRAD, Centro agora xestionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Así, tendo en conta que este ano o ICOM (Consello Internacional do Museos) dedica o Día Internacional dos Museos ás paisaxes culturais, no programa...
leer más