Actividades

12/05/2016
O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar as Letras Galegas os días 16 e 17 de maio.
 
O Concello de Lourenzá conmemora o Día das Letras Galegas con actividades que se celebrarán o vindeiro luns en Vilanova e o martes no Pazo de Tovar.
 
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o Concello de Lourenzá programa, para conmemorar o Día das Letras Galegas, unha serie de actos cos que busca render homenaxe ás nosas letras e ó autor homenaxeado: Manuel María, o poeta da Terra Cha. Os actos comezarán o luns, día 16 de maio, con dúas actividades dirixidas especialmente ó público infantil: ás seis da tarde, dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, levarase a cabo ás seis da tarde no salón de actos municipal o espectáculo titulado Babacontos con Manuel María. Da man da actriz Larraitz Urruzola os nenos e nenas...
leer más
12/05/2016
En Ribadeo do 13 ao 18 de maio desenvolveranse diversas actividades para celebrar o Día das Letras Galegas e renderlle homenaxe a Manuel María.
 
Ribadeo programou diversas actividades do 13 ao 18 de maio para celebrar o día das Letras Galegas e renderlle homenaxe a Manuel María. Os actos foron presentados hoxe polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña. 
 
O edil nacionalista contou que “desde este venres día 13 e ata o vindeiro mércores 18  vanse desenvolver en Ribadeo unha serie de actividades para homenaxear ao noso poeta universal, Manuel María, co gallo do Día das Letras Galegas. Música, poesía, presentación de libros e reparto de poemas van dar cor e vida a unha semana repleta de actos. Así, desde o venres 13 e ata o mércores 18, terá lugar a campaña Poemas de mar e terra para o noso mercado. O comercio local vai repartir poemas de Manuel María relativos ao tipo de...
leer más
10/05/2016
A Área de Cultura da Deputación de Lugo presenta un amplo abano de actividades pola Semana dos Museos. No Provincial do Mar, en San Cibrao, terán lugar do 17 ao 22 de maio.
 
Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura na Deputación de Lugo, presentou o programa da Semana dos Museos, vinculada á celebración do Día Internacional do Museos, que se celebra o 18 de maio. Xunto a el estiveron tamén Esther López, en representación do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial, e Aurelia Balseiro, Directora do Museo de Lugo.
 
O programa de actividades proposto para este ano 2016 abrangue os catro Museos da Rede Museística e tamén, por vez primeira, o CENTRAD, Centro agora xestionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Así, tendo en conta que este ano o ICOM (Consello Internacional do Museos) dedica o Día Internacional dos Museos ás paisaxes culturais, no programa...
leer más