Actividades
Do 16 ao 22 de setembro desenvolverase en Burela a décimo segunda Semana Europea da Mobilidade cun amplo programa de actividades. Este domingo de nove da mañá a dez da noite estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre Curros Enríquez e Eijo Garay. Durante todo o día haberá mesas informativas, xogos, unha ruta ciclista, unha ruta xeolóxica polo Cantiño, un paseo a cabalo para nenos e nenas con cabaliño de pau, inchables e tamén unha merenda e chocolatada.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, que presentou a SEM esta mañá dixo que “por 12º ano consecutivo o Concello de Burela organiza a Semana Europea da Mobilidade entre o 16 e o 22 de setembro. Esta iniciativa europea anima ás cidades a introducir e promover medidas de transporte sostible e invita aos cidadáns a probar alternativas ao uso do automóbil”.
... leer másO Pozo da Ola da Pontenova acolle mañá, sábado dia 1 de setembro, dende ás 17:00 ata as 20:00 horas,as actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítase abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entreos meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío CamposConde convidou a todos os veciños e visitantes a achegarse a este entorno natural, para pasar un día de lecere desfrutardestas actividades completamente gratuítas e abertas para todos os públicos.Esta iniciativa converterse nunha alternativa ao turismo de praia, e taménofrece a todos os visitantespoder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos.
Actividades e seguridade
A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, desenvólvense en espazos...
O Cantón de Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 22, a partir das 13:00 horas unha actividade infantil de contos, debuxos e degustación gratuíta de produtos da marca Clesa. Anunciouno hoxe o Concello de Lourenzá.
A actividade, denominada Clesacontos, correrá a cargo do colectivo Polo correo do vento e está dirixida “ó publico familiar e ós máis pequenos da casa”. Está previsto desenvolvela no Cantón de Vilanova, pero en caso de mal tempo trasladarase ás instalacións do mercado comarcal.
O colectivo Polo correo do vento ofrecerá un espectáculo de “contacontos ilustrados que rematarán coa realización dun obradoiro de debuxo, no que explicarán o ciclo do leite e a importancia da calidade e trazabilidade en todos os produtos de Clesa”. Os obxectivos son “dar a coñecer a importancia da historia da empresa e...
leer másAs actividades da décima edición da carreira Run Foz Run, que foron presentadas hoxe cun acto no que participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, desenvolveranse este fin de semana, sábado e domingo, no colexio Martínez Otero. O prazo de inscrición está aberto na páxina web championchipnorte.com e remata este xoves, día 9.
O sábado 11 ás 17:00 horas abrirase a feira do corredor e ás 19:00 horas comezará unha andaina solidaria e haberá música cun DJ. E o domingo 12 ás 10 da mañá empezarán as carreiras das categorías inferiores e ás 11:00 horas terá lugar a saída da proba absoluta.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, pon en marcha a II edición do Programa Avívate en Cervo, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, logo da boa acollida que tivo na pasada edición.
O programa, que comezará o 2 de xullo, engloba un curso de monitor de tempo libre, un curso de manipulador de alimentos e un terceiro de primeiros auxilios, como actividades principais.
A iniciativa completarase cunha visita á Escola Infantil Municipal onde as persoas participantes recibirán unha charla sobre o seu funcionamento; que terá lugar o 8 de agosto. Tamén está programado o obradoiro “Non desesperes…Relax”, que é unha xornada de ioga impartida por unha especialista na Casa do Mar de San Ciprián.
As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. As persoas interesadas...
leer másA oferta para este verán da Concellería de Medio Ambiente burelesa inclúe tamén paddel surf desde o 10 de xullo ao 31 de agosto, segundo deu a coñecer no día de hoxe a edil Noelia Mª Ben.
A actividade está destinada a rapaces con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos. Os interesados en participar poderán inscribirse os días 25 e 26 de xuño de 8 a 11 horas na Casa do Concello. As fichas para anotarse poden atopalas na Biblioteca e no propio Concello.
Noelia Mª Ben subliña que “a lista de admitidos publicarase o 29 deste mes e a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que cumpran cos requisitos esixidos. Teñen que saber nadar e estar empadroados/as en Burela”.
A concelleira de Medio Ambiente engade que “ofertamos un total de 40 prazas para esta...
leer másO programa LudiVerán 2018, do Concello de O Valadouro, desenvolverase do 2 de xullo ao 31 de agosto.
A Delegación de Servizos Sociais do Concello de O Valadouro presenta o programa LudiVerán 2018 con actividades para nenos e nenas que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto.
O número de prazas é limitado, e poden participar os nenos e nenas nacidos entre 2006 e 2014. O prazo de inscrición rematou o 19 de xuño.
O programa LudiVerán 2018 desenrolarase do 2 de xullo ao 31 de agosto, en horario de 10:00 a 13:00 horas, no CEIP Santa María do Valadouro.
A publicación da lista de admitidos terá lugar o 22 de xuño na porta principal da Casa da Cultura.
Dentro do amplísimo programa de actividades programadas polo Concello para este verán, “Xove Concilia Verán“ vai ser o primeiro posto a andar. Ata o momento están inscritos 57 nenos/as de 4º de Infantil ata 4º de Primaria, número que esperamos incrementar xa que ata o 22 de xuño inda está aberta a inscrición.
Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, vai arrancar o próximo luns 25 de xuño con todo tipo de actividades; estas vanse realizar, no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.
A posta en marcha deste Programa incide na INTEGRACIÓN DA VIDA LABORAL E ESCOLAR, aproveitando que os nenos/as que participan están en...
leer másA Delegación de Xuventude do Concello de Foz presenta o programa Aberto x Vacacións, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
A Concellería de Xuventude de Foz desenvolve un verán máis este programa que ofrecerá diversas actividades nas mañás de xullo e agosto, de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas.
O programa Aberto X Vacacións está dirixido a nenos/as con idades de 3 a 12 anos, nados entre 2006 e 2014, no caso dos nados en 2014 que fosen ao colexio.
O prazo de inscrición vai do 25 ao 29 de xuño e do 26 ao 31 de xullo, no caso de quedar vacantes para o mes de agosto. As prazas son limitadas, por orde de inscrición e rango de idade.
As persoas interesadas poden obter máis información na Casa...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura e Educación, presentaron o Programa de Conciliación deseñado para os meses de verán.
Aos xa consolidados Enredos de Verán –que na pasada edición contaron con máis de 100 nenos inscritos-, e á iniciativa Repasando en Verán, este ano súmase ás actividades estivais o programa específico Cervo Concilia, que, tal e como explicou o rexedor “componse dunha completa axenda de actividades de verán adicadas a nenos e nenas de 3 a 12 anos, co que pretendemos brindarlles ás familias unha ferramenta que lles axude a conciliar a vida laboral co coidado dos seus pequenos e das súas pequenas”.
O cursos levarase a cabo os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de 9:00 a 14:30 horas. O programa, de balde, está dirixido ás familias empadroadas no Concello de...
leer más