Actividades
A Rede Museística Provincial ven de ampliar a súa oferta de actividades en liña co programa #Feitoparati, co que achegan propostas culturais adaptadas ás necesidades que lles formulan desde distintos colectivos.
A asociación Agora de Monforte, que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) foi das primeiras en participar nesta actividade coa que a Rede mantén o seu compromiso coa inclusión e a accesibilidade, ademais de afortalar os lazos coa comunidade.
A través de encontros en liña guiados pola xerente da Rede Museística, Encarna Lago, as persoas usuarias de Agora puideron visitar virtualmente o Museo Pazo de Tor e coñecer con detalle a súa historia, así como outros aspectos da cultura local.
Na última semana, a Rede tamén colaborou coa residencia...
leer másSeguen as actividades programadas polo Concello de Cervo para estes días. Hoxe, 21 de marzo, hai concurso Tik Tok; o luns, día 23, de reciclaxe; o 25 de cine e o 27 de música.
O Concello deu a coñecer o gañador do concurso fotográfico do pasado mércores, día 18. Parabéns a @fucervo! Moitas grazas a todos pola participación e recordade que seguimos con máis cousas estes días.
Recorda etiquetar a @cervocultura cando subas as túas propostas a instagram co cancelo #cervoquedanacasa
A túa conta debe ser pública ata o fallo do concurso.
En Burela quedan suspendidas todas as actividades organizadas polo Concello, entre as que se atopan as culturais, as destinadas ás persoas maiores e aos estranxeiros, entre outras. Tampouco haberá escolas deportivas e nas vindeiras horas decidirase si se pecha a biblioteca municipal. Polo momento mantense o mercado semanal previsto para mañá. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha chamada á tranquilidade e á responsabilidade da poboación.
O rexedor dixo que “o Concello de Burela, como é normal, tamén está sensible a todo isto do virus que está afectando dunha maneira preocupante e simultaneamente en moitos lugares. As medidas que se están adoptando son aquelas que considero que se deben tomar de forma consensuada e coordinada, a través da Xunta e de organismos que realmente sexan capaces de abarcar todo o territorio, ese é o mellor método...
leer másO Concello de Lourenzá organiza actividades para conmemorar o Día da Muller o 3, o 4 e o 6 de marzo.
A Concellería de Servizos Sociais organiza actividades para conmemorar o Día da Muller o martes, o mércores e o venres desta semana.
Mañá, martes, e o mércores de 17:00 a 20:00 horas terá lugar na sala do Torreón dos Frades o obradoiro Construíndo o 8M, actividade na que os participantes deberán levar unha camiseta branca para pintala.
O venres, día 6, desenvolverase unha Andaina pola Igualdade ás 17:00 horas na Praza do Conde Santo. E ás 18:00 horas no salón de actos do Concello haberá un acto de homenaxe baixo o título Lourenzá son de muller, dedicado á laurentina Neli Cajoto Cuadrado.
Ademais durante esta semana a fachada da Casa do Concello tinguirase de cor lila “en representación de todas as mulleres”.
O Concello de Barreiros organiza un programa de actividades de Entroido que darán comezo o domingo, 23 de febreiro, cunha festa de disfraces e os días 24 e 26 con obradoiros, dentro do GastroEntroido infantil.
A festa do día 23 terá lugar no centro sociocultural a partir das 18:00 horas. Haberá un concurso de repostería de Entroido e a recollida de doces farase ata as 18:30 horas, un desfile de disfraces infantil, a actuación O Capitán Garfo: cociñando música, entrega de premios aos mellores disfraces e degustación dos doces presentados a concurso.
O día 24 no CEIP San Cosme de Barreiros de 10:00 a 13:00 horas haberá o obradoiro Cociñando o Entroido con confección de disfraces de reciclaxe. Será necesaria a inscrición previa e o número de prazas é limitado.
O día 26 de 10:00 a 13:00...
leer másRemata o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que foi organizado polo Concello de Ribadeo e impartido pola Escola de Tempo Libre Bulideira.
Desde a Concellaría de Mocidade sinalan: “e qué mellor xeito de finalizar a súa formación e empezar a celebrar o Entroido que facendo unha sesión de xogos , obradoiros e baile para os nenos e nenas a partir de 4 anos”. Será o vindeiro domingo, 16 de febreiro, de 16:30 a 18:30 horas no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño.
Desde Mocidade animan a acudir a esta cita: “ven a pasar a tarde do 16 de febreiro con nós. Podedes pór os vosos disfraces”.
A actividade é gratuíta.
O Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre desenvolveuse desde o pasado mes de novembro en Ribadeo e no mesmo participaron 21...
leer másO Concello de Ribadeo comezará o vindeiro luns, 20 de xaneiro, o programa interparroquial que se ven realizando desde hai seis anos nos teleclubs e nas escolas unitarias das distintas parroquias.
O proxecto, denominado Aquí? Como de 20!!!, conta con dúas vertentes que son as Tardes de Lecer e o Movemento Activo. Durante esta semana procederase á inscrición das persoas que queiran participar en calquera das dúas actividades que son gratuítas.
O programa Tardes de Lecer desenvolverase nas parroquias de Ove, Vilaframil, Vilela, Cinxe, Rinlo, Cedofeita, Santalla, Remourelle, Vilaselán, As Anzas, Couxela e Ribadeo.
As actividades terán lugar de 10:00 a 12:30 horas na Escola de Ove os martes e na Escola de Vilaframil os venres. De 15:30 a 18:00 horas na Escola de Vilela os luns, na Escola de...
leer másA programación de Nadal do Concello de Viveiro continuará o vindeiro xoves, 2 de xaneiro, co espectáculo para o público infantil Burbuja. Será a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. As prazas son limitadas e os prezos das entradas de 3 e 5 euros.
O venres, 3 de xaneiro, ás 18:00 horas no Pastor Díaz Teatro Marionetas Trécola presentará O agasallo de Anya. A entrada será de balde ata completar aforo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, Vicepresidencia e Cultura.
O sábado, 4 de xaneiro, ás 20:30 horas tamén no Pastor Díaz, Láfayette Company presentará Le Cirque, para o público infantil, con prazas limitadas e o prezo das entradas de 3 e 5 euros.
O domingo, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas sairá a Cabalgata de Reis que percorrerá Celeiro, Covas e Viveiro. Ao remate terá lugar...
leer másO martes 31 ás 12:00 horas, na avenida da Mariña, o Grupo de Jazz da Escola de Música de Foz ofrecerá un concerto de panxoliñas.
O xoves, 2 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Sala Bahía, a compañía Cayetano Lledó presentará o espectáculo de teatro e maxia para todos os públicos, Sherlock Holmes. O prezo da entrada será de 1´5 euros para os nen@s e 2´5€ para os adultos.
O venres, 3 de xaneiro, no colexio Martínez Otero, haberá unha gala de patinaxe.
O domingo, 5 de xaneiro, ás 18:30 horas, comezará a Cabalgata de Reis que sairá da praia da Rapadoira e percorrerá as rúas da vila para rematar no belén vivinte do Concello. Os Reis recibirán aos nenos e nenas na Sala Bahía, onde haberá inchables, chocolate con churros e roscón de Reis.
Para poder facer o percorrido cos...
leer más