Rodaxe
O dúo santiagués Boyanka Kostova, pioneiro do trap galego, ven de estrear o vídeo Muinheira do interior, que acompaña o lanzamento do seu novo disco Os dous de sempre.
O videoclip foi rodado no mes de marzo, antes da pandemia do Covid-19, e dirixido polo realizador Xaime Miranda. Contou ademais cos mariñáns Iago Vilarinho, como director de fotografía, e con Claudia Muiño, Sabela Blanco, Lucía Ramiro e Nuno Pico na produción.
A rodaxe levouse a cabo no porto de Morás en Xove e no CENIMA de Foz, nuns escenarios nos que destaca o contraste entre as arquitecturas e o colorido dos traxes, ao tempo que mestura a tradición, coas gaitas, o baile e os traxes, con elementos e paisaxes distópicas.
Na realización desta peza audiovisual o director contou coa colaboración como extras e corpo de baile...
leer más