O Concello de Xove organiza unha serie de actividades para os meses de verán que desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.
O día 2 de xullo dará comezo o programa Móvete no Verán con clases de Aerobic-Latino ata o 13 de agosto, e con actividades físicas para maiores. Tamén desde o 4 de xullo ata o 8 de agosto haberá Fitness. Ademais para nenas e nenos de 4º de educación infantil a 4º de primaria celebraranse xogos pre-deportivos desde o 3 de xullo ao 16 de agosto. A data de inscrición para estas actividades é ata o 28 de xuño.
A Área de Xuventude ofrece, do 2 de xullo ao 17 de agosto, un curso de Informática para nen@s. Os días 18, 19 e 20 de xullo haberá un campamento para idades de 10 a 16 anos, e o 28 de xullo unha viaxe a Cerceda para idades de 13 a 35 anos. Ademais terán lugar sesións de paintball os días 7 de xullo, para idades de 14 a 30 anos, e 8 de agosto, para nen@s de 10 a 13 anos. O día 1 de setembro haberá unha viaxe ao kartódromo de Tapia para persoas entre 16 e 35 anos.
A Delegación de Deporte programa Ocio Alternativo do 9 de xullo ao 10 de agosto, a partir de 8 anos. Tamén haberá un curso de pádel, do 2 de xullo ao 10 de agosto, para nen@s a partir de 6 anos. A inscrición está aberta ata o 29 de xuño. Ademais terán lugar torneos para rapaces de 10 a 18 anos, de futbolín, play e tenis de mesa.
O programa Móvete no Verán dirixido a todas as idades terá clases de Zumba, do 3 de xullo ao 16 de agosto, e para maiores de 18 anos haberá Pilates do 6 de xullo ao 17 de agosto, e Ximnasia na Auga do 6 de xullo ao 10 de agosto. O período de inscrición remata o 28 de xuño.
No apartado de Educación Familiar terán lugar Encontros para a Saúde: Taller de Memoria do 2 ao 31 de xullo. As inscricións poden facerse do 15 ao 29 de xuño, e son actividades para persoas maiores de 60 anos.
Durante os meses de xullo e agosto celebraranse ademais as Mañás de Verán cun programa para idades de 10 a 16 anos que incluirán xogos no exterior, cociña, tarefas de creatividade, ocio alternativo, educación vial e informática. A inscrición remata o día 30 de xuño.
As persoas interesadas poden obter máis información destas actividades na Omix do Concello ou no número de teléfono 982 57 18 16.