A biblioteca municipal de Lourenzá programa actividades para o público infantil os mércores 30 de maio, 6 e 27 de xuño.
O vindeiro mércores, día 30 deste mes, ás seis da tarde no salón de actos do Concello haberá un espectáculo de contacontos baseado en relatos de María Victoria Moreno a cargo de Charo Pita. Ao remate entregaranse os premios dos concurso de narración e debuxo Letras Galegas 2018.
O día 6 de xuño, que tamén é mércores, ás seis da tarde no salón de actos municipal terá lugar un espectáculo de maxia con Pedro Bugarín.
E o mércores 27 de xuño ás seis da tarde na biblioteca municipal haberá un obradoiro titulado Radiocontada para nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade. As prazas son limitadas para os 15 primeiros que se anoten.
Estas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura e subvencionadas pola Xunta de Galicia dentro do programa Ler conta moito.