A axenda de Nadal do Concello de Foz inclúe actividades os días 2 e 3 de xaneiro. E rematará o 5 coa Cabalgata de Reis.

O martes 31 ás 12:00 horas, na avenida da Mariña, o Grupo de Jazz da Escola de Música de Foz ofrecerá un concerto de panxoliñas.

O xoves, 2 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Sala Bahía, a compañía Cayetano Lledó presentará o espectáculo de teatro e maxia para todos os públicos,  Sherlock Holmes. O prezo da entrada será de 1´5 euros para os nen@s e 2´5€ para os adultos.

O venres, 3 de xaneiro, no colexio Martínez Otero, haberá unha gala de patinaxe.

O domingo, 5 de xaneiro, ás 18:30 horas, comezará a Cabalgata de Reis que sairá da praia da Rapadoira e percorrerá as rúas da vila para rematar no belén vivinte do Concello. Os Reis recibirán aos nenos e nenas na Sala Bahía, onde haberá inchables, chocolate con churros e roscón de Reis.

Para poder facer o percorrido cos Reis nas carrozas, os/as nen@s interesad@s deberán anotarse previamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz, os días 2 e 3 de xaneiro. Só poderán subir ás carrozas os menores de 10 anos.