Actividades
A Concellaría de Igualdade prosigue realizando actividades para promover os autocoidados das mulleres despois dun ano tan duro e complexo. Desde a vindeira semana ata finais de xuño haberá pilates e ximnasia de mantemento na praia dos Bloques en horarios de mañá e de tarde.
A edil Mariluz Álvarez Lastra explicou que “tras finalizar o programa Vou quererme no Espazo de autocoidados queremos tamén prestar un pouco de atención ao corpo, ao benestar físico, que tamén vai parello do emocional. E agora co bo tempo parécenos que é o momento para facer exercicio ao aire libre e así poder garantir as condicións de seguridade que nos esixe a situación actual”.
A concelleira de Igualdade subliñou que “se ofertarán dous cursos intensivos que comezarán a vindeira semana e estenderanse ata a última semana de xuño. Poderase...
leer másO Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021, dedicado neste ano a Xela Arias. O programa impulsado polo goberno local pretende reivindicar a figura da escritora, así como a lingua galega, a través de actividades que involucran a todas as idades e adaptadas ás medidas sanitarias.
“Con esta programación queremos destacar a figura de Xela Arias, unha muller adiantada aos seus tempos, falando de temas tabú na súa época e comprometida co feminismo, o medio ambiente, a maternidade e por suposto a lingua galega”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
O propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o goberno local impulsa a acción colectiva “Orgullo de ser”, animando á veciñanza a saír á rúa cos seus traxes tradicionais galegos ou...
leer másDaniel García, concelleiro de dinamización, presentou as actividades que se levarán a cabo no Concello de Barreiros durante o mes de maio, adicado ás Letras Galegas. Na presentación estivo acompañado do narrador oral e poeta Lois Pérez, que será o coordinador do recital poético musical “Versos na Baixamar” que celebrará a súa primeira edición despois de ter sido adiado no pasado mes de Outubro.
Lois Pérez, Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia no Centro Sociocultural.
Versos na baixamar xuntará nesta primeira edición varias voces da Mariña que destacan pola frescura e a calidade da súa poesía, completando así unha xornada adicada á figura e a obra dunha das autoras fundamentais da nosa lingua e a nosa cultura. A poesía de Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia será a protagonista dunha tarde de música e versos,...
A Aula Universitaria da UNED en Foz organiza tres cursos, unha conferencia e un recital poético na segunda quincena deste mes e en maio.
Estas actividades foron presentadas polo alcalde focense, Fran Cajoto, e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero, que explican que “esta oferta formativa, aberta tanto a estudantes como ao público en xeral, destaca pola súa vertente práctica e pola variedade dos seus temas, que abarcan as diferentes ramas do coñecemento. Ademais da exposición de aspectos teóricos nos diferentes cursos foméntase o diálogo e o intercambio de ideas”.
As actividades programadas para este mes e o de maio son:
-Curso de Excel avanzado: os días 21 e 28 de abril de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial e online).
-Curso de introdución ao marketing dixital: os días 26 e 27 de abril de...
A narradora Antía Vázquez protagonizará unha sesión de contacontos, dirixida ao alumnado, na que recreará a historia da Apalpadora, unha personaxe do Nadal que este ano retrasou a súa chegada ata a primavera.
A actuación terá lugar no Parque de San Francisco, en Ribadeo, ou no Teatro en caso de mal tempo, ás 17:30 horas o vindeiro domingo, 11 de abril.
E grupo de teatro A Mariña representará a obra A maxia dos sentimentos. A actuación terá lugar tamén o vindeiro domingo, día 11, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.
A obra céntrase na importancia de manifestar os sentimentos nas relacións cos demais.
Ambas citas inclúense nas actividades promovidas pola Área de Cultura da Deputación en colaboración con Concellos e asociacións.
O Concello de Viveiro anuncia que desde o pasado luns, 15 de marzo, os centros socioculturais do municipio permanecen abertos cun aforo limitado do 30%.
Ademais dende o vindeiro luns, 22 de marzo, darán comezo as actividades grupais nos centros socioculturais con ata catro persoas non convivintes (sen contar ao monitor/a), segundo establece a nova orde pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia.
Dende o goberno local enténdese que no contexto a actual os centros socioculturais son lugares fundamentais, cumprindo sempre coa normativa e limitacións establecidas. Estes espazos constitúen un lugar de encontro entre persoas no que poder levar a cabo non só actividades lúdicas, senón tamén...
leer másAs actividades do programa ilustrarNÓS, promovido pola Vicepresidencia, continúan este luns, 15 de marzo, con dous obradoiros nos colexios Rosalía de Castro e Anexa de Lugo e unha charla da ilustradora Bea Lema no IES Monte Castelo de Burela.
Nos colexios lucenses, Polo correo do vento dirixirá un sesión pensada para que o alumnado se familiarice co proceso creativo, tomando como referencia a biografía da pintora viveirense Maruja Mallo. Na posta en escena, mesturase a narración oral coa ilustración en directo. A actividade, baixo o título Ilustrar conta, culmina cun obradoiro de debuxo no que se propón que os particpantes realicen unha caricatura da artista.
No instituto de Burela, a ilustradora e debuxante de comics Bea Lema impartirá unha charla titulada “O proceso creativo na ilustración”, unha exposición na...
leer másO Concello de Cervo ofrece actividades por vía telemática para o alumnado das escolas deportivas municipais, tanto as infantís como as de adultos.
O concelleiro de Deportes, David Rodríguez, anuncia que ante as novas medidas de prevención fronte ao COVID-19, que tan só permiten a realización de deporte individual ao aire libre e sempre usando máscara, permanecen pechados/as: a piscina municipal (salvo no caso excepcional do alumnado do Ciclo de Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, cuxa formación práctica require do uso desta instalación), o ximnasio municipal e o Complexo Deportivo da Veiga.
Nas escolas deportivas infantís quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofertaranse actividades dirixidas por vía telemática para que os pequenos poidan seguir facendo exercicio desde a casa. E no caso...
leer más