Remata o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que foi organizado polo Concello de Ribadeo e impartido pola Escola de Tempo Libre Bulideira.
Desde a Concellaría de Mocidade sinalan: “e qué mellor xeito de finalizar a súa formación e empezar a celebrar o Entroido que facendo unha sesión de xogos , obradoiros e baile para os nenos e nenas a partir de 4 anos”. Será o vindeiro domingo, 16 de febreiro, de 16:30 a 18:30 horas no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño.
Desde Mocidade animan a acudir a esta cita: “ven a pasar a tarde do 16 de febreiro con nós. Podedes pór os vosos disfraces”.
A actividade é gratuíta.
O Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre desenvolveuse desde o pasado mes de novembro en Ribadeo e no mesmo participaron 21 persoas.