O Entroido de Ribadeo arrinca o 20 de febreiro co pregón. E o desfile, que repartirá importantes premios, será o 25.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, agradece o traballo realizado pola Comisión de Entroido nun tempo récord, anima á veciñanza a disfrazarse dos anos 20 e a participar nas actividades programadas para os vindeiros días. O pregón será xa este xoves, 20 de febreiro.
 
A edil dixo que “dende a Concellaría de Cultura queremos agradecer publicamente todo o traballo que está a facer a Comisión de Entroido para que, en tempo récord, toda a veciñanza de Ribadeo, e tamén todas as persoas que nos visitan, poidamos disfrutar dun Entroido cun programa ben xeitoso”.
 
Pilar Otero convidou “a todas as persoas a participar nos distintos eventos programados este ano 2020, dedicado aos felices anos 20, xogando cos números, e no que tamén se quixo recuperar a tradición das mascaritas. Animamos a toda a veciñanza a disfrutar e pasalo ben. Bo entroido”.
 
ESTE É O PROGRAMA PARA ESTE ANO
DÍA 20,  XOVES DE COMADRES
20.30 H.  Teatro de Ribadeo. GALA DO PREGÓN DE ENTROIDO para a que se convida a todos os asistentes a ir vestidos á moda dos anos 20.
PREGOEIRO: JAVIER RIVERA PONTE, XORNALISTA E DIRECTOR DE LA COMARCA DEL EO
COA PARTICIPACIÓN DO CORO DO SAGRADO CORAZÓN (baixo a dirección de M. Carmen R. Cancelo e Graciela Rolle Sampedro) e o grupo de CANTOS DE TABERNA EN FALDAS Y A LO LOCO
ANIMARÁN AS RÚAS AS CHARANGAS A CHOCA E ATURUXO.
 VENRES 21
A PARTIR DAS 17.00 H .TEATRO DE RIBADEO.  FESTA DO FREIXÓ
 SÁBADO 22
a partir das 12.00 H. Teatro de Ribadeo, FESTA DO FREIXÓ
ás 20.30 H. Parque de San Francisco, SAÍDA DA CARROZA DA COMISIÓN
Animarán a xornada as charangas locais.
DOMINGO 23, LARDEIRO
12.00 H. COMPARSA DA COCHA ACOMPAÑADA DO CUARTETO ILLA PANCHA
19.00 H. PRAZA DO CANTÓN. CONCENTRACIÓN DE MASCARITAS, CON ANIMACIÓN MUSICAL E PREMIOS GASTRONÓMICOS.
Animarán a xornada as charangas locais.
LUNS 24, FARELEIRO
17.00 H SALA ROSALAR. BAILE INFANTIL DE DISFRACES
21.30 H RESTAURANTE MARINERO. CEA DE ENTROIDO
MARTES DE ENTROIDO
17.00 H GRANDE DESFILE DESDE A CASA DO CONCELLO. Percorrido: rúas Dionisio Gamallo, Clemente Mnez. Pasarón, Avda. de Asturias , J.V. Pérez Martínez, Avda. de Galiza, rúas Luzo Pozo Garza, Virxe do Camiño, San Roque, Rodriguez Murias, Vilafranca do Bierzo, Cantón. 
PREMIOS
ADULTOS
COMPARSAS/CHARANGAS
1º premio 500 €, 2º premio  400 €, 3º premio 300 €
4º premio 200 €, 5º premio 100 €
CARROZAS
1º premio 400 €, 2º premio 200 €, 3º premio 100 €
GRUPOS
1º premio 300 €, 2º premio 200 €, 3º premio 100 €
PARELLAS
1º premio 200 €, 2º premio 150 €, 3º premio 100 €
INDIVIDUAIS
1º premio 150 €, 2º premio 100 €, 3º premio 50 €
INFANTÍS
GRUPOS
1º premio 200 €, 2º premio 100 €, 3º premio 50 €
PARELLAS
1º premio 150 €, 2º premio 100 €, 3º premio 50 €
INDIVIDUAIS
1º premio 100 €, 2º premio 75 €, 3º premio 50 €
Descrición das modalidades:
• CHARANGAS (Agrupación formada por 10 ou máis persoas disfrazadas en base a un tema común e que empreguen diferentes instrumentos musicais)
• COMPARSAS (Agrupación formada por 10 ou máis persoas disfrazadas en base a un tema común e que non empreguen instrumentos musicais, agás instrumentos de percusión)
• CARROZAS (Estará remolcada por vehículo ou construída sobre vehículo. Haberá actuación dos participantes sobre a carroza. A carroza deberá garantir a seguridade dos/as participantes e espectadores.)
• GRUPOS (Agrupación de mínimo 3 persoas)
• GRUPOS INFANTÍS (Agrupación de mínimo 3 persoas)
 
IMPORTANTE: tod@s @s participantes no desfile deberán estar na súa ubicación 15 minutos antes do comezo deste.
 
INSCRICIÓN
De dous xeitos posibles: 
• A través do teléfono 689 72 63 51. Anotaranse os datos mais cómpre recoller o dorsal o día do desfile desde as 14.00 ás  16.45 H.
• O propio día do desfile, desde as 14.00 horas e até 16.45 H na mesa disposta para tal fin na casa do concello.
CHARANGAS/COMPARSAS:  As dez primeiras en inscribirse recibirán unha achega económica especial de 100 euros cada unha, que se lles entregará en efectivo o mesmo día do desfile, a maiores da posibilidade de optaren a premio.
O prazo de inscrición comeza  o día 20 de febreiro, xoves.
Os dorsais entregaranse o día do desfile entre as 14.00 e as 16.45 H.
 
SÁBADO 29 DE FEBREIRO
Ás 21.00 H saída da COMITIVA FÚNEBRE do Cantón dos Moreno, formada 
de viúvos e viúvos
Ao final, QUEIMA DO ENTROIDO na Avda. Rosalída de Castro, no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche da festa.
 
Organiza: Comisión de Entroido
Colaboran: Concello, Acisa, restaurante Marinero, Parador de Ribadeo