Librería Bahía, de Foz, presenta o libro “O azul entre o ceo e a auga” nun encontro coa súa tradutora, Rocío Viéitez, o 3 de xullo

Librería Bahía, de Foz, presenta o libro “O azul entre o ceo e a auga” nun encontro coa súa tradutora, Rocío Viéitez. Será o día 3 de xullo, mércores, ás 20:30 horas.  

“O azul entre o ceo e a auga” é unha novela da autora palestina Suzan Abulhawa, traducida ao galego por Rocío Viéitez Ferro, quen ademais dirixe a colección Candemaia, galardonada co premio Follas Novas á iniciativa bibliográfica.

Librería Bahía anuncia que o próximo mércores, 3 de xullo, “teremos un encontro con Rocío para falarmos da novela e a súa tradución e de Candemaia. Non faltedes!”.