Poda
O Concello de Alfoz anuncia a organización de formacións esta primavera para todas as persoas interesadas no coidado e mellora das árbores froiteiras. A primeira delas é un curso de poda de árbores froiteiras que terá lugar o sábado 29 de marzo de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz.
“Aprende as técnicas adecuadas para a poda de árbores froiteiras e mellora a súa produción e saúde”, indica o Concello de Alfoz, que ofrece máis información sobre esta actividade no teléfono 982.55.80.01.
A Asociación de Veciños San Julián de Sante (Trabada) organiza un curso de poda para este sábado, día 1 de febreiro, que se desenvolverá no Teleclub de Sante en horario de 9:00 a 19:00 horas. Esta iniciativa forma parte dun ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita.
A programación inclúe tres cursos sobre: poda, para aprender a preparar as árbores dende o inicio; enxerto, para mellorar o desenvolvemento das árbores unha vez xerminen; e apicultura, fundamental para a polinización das árbores e a sustentabilidade do proceso.
Está previsto que este círculo frutícola se peche en xuño cun curso de elaboración de marmeladas, permitindo aproveitar ao máximo os froitos cultivados.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de apoiar este tipo de...
leer másA Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, dirixida pola concelleira Noelia María Ben, organiza un curso teórico práctico de iniciación á poda e ao enxerto, que se desenvolverá o día 22 deste mes, venres.
A edil explica que “hai 30 prazas, terán preferencia @s veciñ@s de Burela empadroados no noso concello e é gratuíto. A inscrición comeza o vindeiro luns, 4 de febreiro, e pode facerse na Oficina de Medio Ambiente, sita na Praza de Abastos, ou ben por teléfono, no 647.13.66.73. Terá unha duración de oito horas lectivas, de 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 19:30, no que dun xeito ameno os participantes aprenderán as técnicas e épocas de poda máis adecuadas para cada tipo de froiteira ou especies ornamentais. E repasaranse os distintos tipos de enxertos. Constará de clases teóricas no salón de conferencias municipal e de clases prácticas...
leer más