Encontro
O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, anuncia que o día 16 de novembro, sábado, celebrarase a trixésima edición do Encontro Interxeracional de Avós e Netos.
Poderán participar neste evento aquelas persoas empadroadas no municipio que sexan xubiladas, acompañadas polos seus cónxuxes aínda que este/a non estea xubilado/a, e polos net@s con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de novembro, podendo realizala nas dependencias municipais dos Servizos Sociais, onde se lles entregará a entrada, que este ano conta cun copago de 3 euros por persoa adulta. As persoas que desexen acudir ó encontro en calidade de acompañantes e non figuren empadroadas neste municipio deberan aboar o importe da comida no momento de anotarse.
O Concello de Ourol celebrará un Encontro de Maiores o día 27 de outubro, domingo, ás 14:00 horas. Será no restaurante Louzao, de Area (Viveiro).
Esta actividade é gratuíta para persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol. Os cónxuxes ou parellas que non estean empadroados poderán acudir aboando o importe da comida. As persoas dependentes poderán ir cun acompañante.
A data límite para anotarse é o 24 de outubro e hai que recoller a entrada no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).
Ambos autores obtiveron o premio nacional poesía joven Miguel Hernández. Ambos son autores de poesía e as súas últimas obras son narrativa: A parte fácil, libro de relatos, de Ismael Ramos e La Fuerza, novela, de Xaime Martínez.
Ismael Ramos escribe en galego e Xaime Martínez en asturianu e ambos teñen as súas obras traducidas ao castelán.
Desde Libraría Bahía apuntan que “será moi interesante escoitar e preguntar a estes dos autores, moi novos e con importantes recoñecementos xa no seu haber, que teñen un enorme compromiso coa literatura e coas súas linguas propias. Este encontro forma parte do programa Afinidades Electivas, promovido pola dirección xeral do libro e a lectura do Goberno de España no que a Libraría Bahía ven participando desde o seu inicio, sendo este o quinto que celebraremos”.
O Encontro Literario terá lugar ás 20:30 horas...
leer másA décimo terceira edición do Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, que se celebrará o sábado 5 de outubro no Pavillón Municipal de Deportes, ten aberta a inscrición para participar ata o día 30 de setembro.
“Neste momento xa superamos as 150 palilleiras anotadas para este evento, as cales veñen dende as catro provincias galegas e tamén da veciña Asturias. Hai anotadas varias mozas menores de 15 anos e un mozo, un dato que nos ofrece moi boas perspectivas sobre a renovación xeracional neste bonito oficio artesanal e tamén pequenos indicios de superación do estereotipo de que a costura, os palillos e o bordado son oficios unicamente de mulleres. Polo que respecta ás vendedoras e vendedores, xa superan os 20 postos e estamos a piques de pechar a súa inscrición por falta de espazo. Para inscribirse as asociacións de...
leer másAta o 20 de setembro pódense retirar as entradas para asistir ao I Encontro Día do Xubilado que se celebrará o 28 na explanada da lonxa.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, lembrou hoxe que “este 28 de septiembre tendremos el primer encuentro del jubilado. Todavía estáis a tiempo para sacar vuestras entradas y disfrutar de un día entre amigos y vecinos”. O Concello amplía a retirada das entradas ata o vindeiro venres, día 20. Poden recollerse no auditorio municipal de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
As persoas que asistan compartirán xuntas unha comida, que será servida por Chao dos Navais. O prezo por comensal é de 15 euros.
Haberá servizo de buses polas parroquias do interior e da costa para facilitar que todas as veciñas e veciños xubilados e empadroados en...
leer másDende a departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove informan que xa está aberto o prazo ata o 30 de setembro para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras Coas nosas mans, do Concello de Xove, que se celebrará o próximo 5 de outubro.
Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es
As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello 982592001 ata o 30...
leer másRibadeo celebrará o I Encontro Día do Xubilado o 28 de setembro, segundo ven de anunciar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.
A edil ribadense explica que “el I Encuentro del Jubilado se celebrará en la explanada de la lonja, en el puerto. Compartiremos todos juntos una comida, que será servida por Chao dos Navais. El precio por comensal será de 15 euros”.
Sierra sinala que “las entradas podrán adquirirse en el auditorio municipal, en los Servicios Sociales, desde hoy y hasta el 13 de septiembre en horario de nueve de la mañana a dos de la tarde”.
A concelleira de Benestar Social subliña que “contaremos con servicio de buses por las parroquias, uno por el interior y otro por la costa con el objetivo de facilitar que todas las vecinas y los vecinos jubilados y empadronados en...
leer másA Coral Polifónica de Foz organiza a trixésimo sexta edición do Encontro de Corais Galaico-Astur, que se celebrará este sábado, 3 de agosto, ás 19:30 horas na Sala Bahía.
Acturán o coro Vestusta, de Oviedo; a coral Endesa, de As Pontes; e a Coral Polifónica de Foz.
O Concello de Burela será anfitrión do tradicional encontro anual de orquestras, organizado polas Escolas de Música da Mariña, que se celebrará o mércores 26 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
“Esta iniciativa, que reúne a preto de 70 rapaces e rapazas, pretende por en contacto aos escolares de música da comarca, permitir que se coñezan, que intercambien experiencias e aprendizaxes e que socialicen a través da linguaxe universal da música”, asegura o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado.
Está previsto que os alumnos cheguen pola mañá ao Auditorio da Casa de Cultura e fagan un ensaio xeral das obras que hai meses levan traballando cada un no seu centro.
Ao remate do ensaio os participantes celebrarán unha comida de fraternidade. Xa pola tarde, antes do concerto,...
leer másO mércores 5 de xuño, a partir das 11 horas, terá lugar o encontro Novas Ruralidades. Empezará na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo (Lourenzá), no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario. Participarán Carmen Molejón Quintana, activista e dinamizadora social; Fátima Mayorga Olmos, logopeda; e Rosa Espiñeira Pan.
O xantar será na Casa da Penela, de Vilamor (Mondoñedo), onde acontecerá o resto da xornada. Pola tarde contarán coa participación de Thais Rivera López (Casa Niño Ourol) e María Ferreiro Santos (responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego).
As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do teléfono 606.398.305.