Xosé Salvadores

23/03/2025

A asociación cultural A Pomba do Arco, en colaboración con Mariña Patrimonio e a editora Tempo Galiza, organiza para o xoves 27 de marzo ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, a presentación do libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores Cobas.

A publicación é un caderno de campo sobre a flora e a fauna da comarca da Mariña, en base aos traballos de recuperación como bosque de teixos dunha hectárea de monte no Padornelo, na parroquia de Lindín, en Mondoñedo.

A presentación do libro correrá cargo do presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, e do autor da publicación.